MELLORA NA EDAR DE BARCELA

MELLORA NA EDAR DE BARCELA 
 
 
Concello de Arbo, realizara  obras de “MELLORAS NA EFICIENCIA ENERXÉTICA E REPARACIÓNS NA EDAR CHAN DE BARCELA-ARBO (PONTEVEDRA)”, tras a sinatura do Convenio para investimentos Ambientais entre a Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Arbo.
 
A actuación conta con financiamento da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,  no importe de 48.388,48 €, que  se  corresponde co 100% do investimento
 
O expediente esta en proceso de contratación 
 
O Concello de Arbo, esta realizando nestas semanas o procedemento de contratación para as actuación de mellora na eficiencia enerxética e reparación na EDAR de Barcela-Arbo. 
Tendo en conta a necesidade extraordinaria e urxente de asistencia por parte deste Concello  solicitouse colaboración a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para acometer o proxecto de mellora na eficiencia enerxética e reparacións na EDAR de Chan de Barcela, que ten como obxecto reparar os equipos electromecánicos avariados, o que ademais implicará importantes melloras na eficiencia enerxética desta instalación ao permitir adecuar a demanda enerxética ás necesidades de depuración, ao mesmo tempo que se responderá á  necesidade de atender a grave situación existente como consecuencia da avaría que sufriu a bomba de cabeceira da EDAR que afecta gravemente ao funcionamento desta planta depuradora, que evita a vertedura directa das augas residuais. 
O Concello de Arbo asinaba un convenio coa Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Arbo  con data 10.08.2022,   para a actuación denominada “Melloras na eficiencia enerxética e reparacións na EDAR Chan Barcela-Arbo”,  polo que esta actuación conta con financiamento da Xunta de Galicia,  no importe de 48.388,48 €, que  se  corresponde co 100% do investimento
Esta planta é de fabricación do ano  2005, polo tanto, aínda o proceso de depuración segue sendo tecnoloxicamente adecuado, tanto os motores como a instrumentación de control poden mellorarse e sobre todo, obter con elo unha mellora da eficiencia enerxética, e polo tanto unha redución no gasto enerxético que a súa xestión supón. 
As obras, ademais de reducir o consumo enerxético da depuradora, permitirá mellorar o proceso de depuración. 

© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011