OBRAS DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE ARBO
O Concello de Arbo realizou obras de “Proxecto de OBRAS DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE ARBO ”, tras resolución de concesión de Subvención pola Deputación Provincial de Pontevedra por acordo da Xunta de Goberno de data 10 de decembro de 2021, no marco da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021.
Orzamento: 4.489,10 € (IVE 21% incluído).
Á vista do expediente que se tramitou ante a Deputación Provincial de Pontevedra, no marco da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021, para a obtención dunha achega para as obras de “proxecto de obras de rehabilitación do casco histórico de Arbo”.
A memoria técnica redactada polo Sr. Arquitecto Municipal D. Teodoro de Francisco Antes o 25 de outubro de 2021, serviu de base para a petición da subvención, e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 4.489,10 € (IVE do 21% incluído que ascende a 779,10 €).
Esta a actuación contou con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, no importe de 3.017,18 € en virtude de acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 10 de decembro de 2021, recibido o 20.12.2021; asumindo o Concello con cargo a fondos propios o importe restante de 1.471,92 €.