O CONCELLO DE ARBO CONTRATA UNHA AUDITORÍA PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO
O CONCELLO DE ARBO CONTRATA UNHA AUDITORÍA PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO
- O Importe da contratación: 9.375,00 €.- (IVE 21% incluído).
- O Concello de Arbo, acaba de contratar unha auditoria para minimizar as perdas de auga no abastecemento municipal.
- O Concello conta cunha achega de Augas de Galicia, no do 80% do orzamento do por un importe de a cantidade de 7.500,00 €.- os 1.875,00 €.- restantes van a cargo dos fondos propios do Concello de Arbo.
O 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Esta lei ten entre os seus obxectivos garantir a prestación adecuada dos servizos de abastecemento de auga cando exista un episodio de seca, tendo en conta os recursos hídricos dispoñibles, e establecer as normas e as medidas para o aproveitamento dos recursos hídricos nos períodos en que exista un episodio de seca, co fin de reducir a vulnerabilidade fronte a este evento, buscando unha garantía no abastecemento á poboación en equilibrio co medio natural e tendo en conta os posibles efectos do cambio climático.
A Lei 9/2019 establece na disposición adicional segunda que, no prazo máximo de dous anos, contado desde a entrada en vigor desta lei, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.
O Concello de Arbo, para cumprir co establecido na Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario contrata unha AUDITORÍA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO E PLAN DE ACTUACIÓN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO DE ARBO por importe de 9.375,00 €.- (IVE 21% incluído), dos cales 7.500,00 €.- son subvencionados por Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dacordo a resolución de data 17.08.2022 e corresponden o 80% do importe da actuación e sendo o 20% do importe restante, que ascende a 1.875,00 €.- con cargo a fondos propios do Concello de Arbo.
Os Traballos a realizar na auditoría:
- Unha descrición detallada do sistema de abastecemento do concello, contendo, como mínimo:
• Unha explicación do funcionamento do sistema de abastecemento.
• Un inventario dos elementos singulares (puntos de captación de auga e a súa tipoloxía, equipos de medición existentes en captación, transporte, distribución e usuario final, estacións de bombeo de auga, depósitos de almacenamento, estacións de tratamento de auga potable), coas súas principais características, emprazamento e fotografías.
• Información sobre as redes de abastecemento (condución e distribución), lonxitude da rede de distribución, o estado de conservación e antigüidade das instalacións de abastecemento existentes.
• Inventario estimado do parque de contadores, características e antigüidade.
• Os núcleos de poboación e zonas aos que se subministra auga.
b) Documentación gráfica, planos en formato dixital (CAD ou SIX), do sistema de abastecemento do concello, contendo como mínimo: puntos de captación de auga, equipos de medición existentes dende a captación aos puntos de consumo, estacións de bombeo de auga, depósitos de almacenamento, estacións de tratamento de auga potable e as zonas e núcleos aos que se subministra auga.
c) Datos sobre o volume medio de auga captada e subministrada á rede de abastecemento, o número de usuarios conectados diferenciados por tipoloxía (domiciliarios, grandes consumidores, etc.), e a tipoloxía de consumos de auga rexistrados e non rexistrados e facturados e non facturados.
d) Un balance hídrico de todo o sistema de abastecemento, tendo en conta a auga captada, a auga rexistrada e a auga non rexistrada.
e) Un plan de actuacións aprobado no pleno municipal do concello para minimizar as perdas de auga dos sistemas de abastecemento á poboación nos seguintes catro anos, contendo, como mínimo:
• Medidas e actuacións para a redución dos consumos autorizados non rexistrados.
• Medidas e actuacións para a redución das perdas aparentes (erros de medición, erros de lectura, consumos non autorizados).
• Medidas e actuacións para a redución das perdas reais