OBRAS DE MELLORA DO ENTORNO DO CRUCEIRO DE SELA.
Por medio de la presente intervención, pretendese poñer en valor o Cruceiro e o seu entorno próximo, xa que se trata da zona antiga de Sela: para o cal se retirará o aglomerado asfáltico e colocarase formigón árido visto, deixando unha zoa de terra na contorna das arbores e no mesmo estado natural a zona na proximidade do Cruceiro, e facendo unha recollida de pluviais.
A intervención conten os seguintes procesos e materiais • Acondicionamento do terreo no entorno do Cruceiro. Consiste en el desbroce da vexetación e retirada do aglomerado asfáltico necesario para colocar o pavimento de formigón con árido visto. No encontro do Cruceiro manterase o bordillo de pedra e manterase o estado natural do pavimento existente, despois da limpeza do mesmo. Limpeza e retirada de escombros. A obra e seu entorno quedarán preparados para seu uso inmediato. Todos os escombros serán retirados a vertedoiro autorizado.
Esta actuación conta coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades – Patrimonio Cultural, que marcou as pautas a seguir para a intervención da mellora.
Se establece un prazo de execución para as obras proxectadas dun (1) mes, contados dende o día seguinte a sinatura da Acta de comprobación do replanteo.
O Concello conta con financiamento da Deputación de Pontevedra, por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022, de acordo coas bases para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022 (acordo nº 16.31917, CSV: K88T7OHBHHLX4OLZ) con cargo á aplicación 22/332.3322.762.00 do vixente Orzamento provincial, correspondéndolle a este concello a cantidade de 3.022,02 euros para Obras de mellora da pavimentación no entorno do cruceiro de Sela
Os restantes 3.255,94 €. serán financiados con cargo a fondos propios do Concello existentes na aplicación orzamentaria 336.619 do orzamento definitivamente aprobado cara o exercicio 2022 por acordo plenario de 07.09.2022, publicado no BOPPO nº 173 de 09.09.2022; atopándose a presente actuación no anexo de investimentos do referido orzamento.