CONCESION DE ACHEGA DE EMERXENCIA POLA SECA - 2022
O Concello de Arbo, recibe unha achega da Deputación de Pontevedra por importe de 15.702,62 euros no marco da convocatoria das axudas económicas a entidades locais da provincia de Pontevedra para realizar actuacións de emerxencia que garantan o abastecemento de auga potable domiciliaria ante a situación de seca, publicada no BOPPO nº 174 de 12 de setembro de 2022.