P.A.I GRATUITO
O CONCELLO DE ARBO ESTENDERÁ ESTE CURSO A GRATUIDADE DO P.A.I
- O Concello de Arbo, aprobaba en Pleno a ordenanza Fiscal para establecer a gratuidade da prestación deste servizo da atención educativa no PAI de Arbo a partir do próximo curso 2022-2023, segundo o disposto na Lei 18/2021, do 27 de decembro, que modifica o título da disposición adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
- Os custes da gratuidade serán asumidos pola Xunta de Galicia: "axudas recibidas a través da Consellería de Política Social e Xuventude para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís e Puntos de Atención á Infancia 2022/2023"