“CREACIÓN DUN ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARBO ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR URBANA E FOMENTANDO A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO”
O Concello de Arbo, recibe unha achega para a “CREACIÓN DUN ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARBO ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR URBANA E FOMENTANDO A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO”, tras concesión de subvención do 100% da actuación por Resolución de 06.11.2023 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA Cambio Climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O) (D.O.G., Nº 104, de 2 de xuño de 2023).
Importe do contrato: 20.000,00 € (IVE do 21% incluído que ascende a 3.471,07 €).
O Concello de Arbo é un dos concellos adheridos formalmente ao Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía, aprobado pola Comisión Europea o 15 de outubro de 2015, antes da solicitude da axuda.
Obxecto do contrato:
Coa actuación proposta preténdese crear un espazo público atenuando o efecto illa de calor urbana e fomentando a adaptación ao cambio climático. Para elo, executarase unha zona sombreada naturalmente con arbolado, unha senda e zonas de descanso. As actuacións a realizarán consistirán en:
- DESBROCE E LIMPEZA DO TERREO: Desbroce e limpeza do terreo con medios mecánicos.
- ESCAVACIÓN DE TERRAS A CEO ABERTO PARA CAXEADO: Almacenamento do terreo a unha profundidade de 0,4 metros en terreo de tránsito compacto, con medios mecánicos, e carga de camións.
- SENDA: Grava artificial, fusos (40) / (25), en capas base de 20 cm. de espesor, con caras de fractura do 60%, colocadas, estendidas e compactadas, incluída a preparación da superficie de asento.
- XARDINERIA E COLOCACIÓN DE MOBILIARIO E ELEMENTOS INFANTIS
A actuación proposta para “CREACIÓN DE ESPAZO DE OCIO ACUÁTICO FOMENTANDO ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR”, contribúe cos seguintes obxectivos e liñas da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050: Aumentar a resiliencia ao cambio climático.
Consiste no incremento da resiliencia ante o cambio climático dos sectores e actividades transversais. Inclúe liñas destinadas a fomentar unha estrutura territorial máis resiliente e con capacidade de adaptación, así como liñas específicas orientadas cara aos recursos naturais, a poboación e a auga e Reducir a vulnerabilidade do territorio ante os riscos xerados polo cambio no clima.