REPOSICIÓN DE VIAL E EXECUCION DE MURO NO LUGAR DE VILAR

 O Concello de Arbo, recibe unha subvneción da Deputación da Deputación de Pontevedra para a  execucións das obras do “REPOSICIÓN DE VIAL E EXECUCION DE MURO NO LUGAR DE VILAR”, incluído no Plan de obras e servizos de competencia municipal (PLAN + PROVINCIA 2024)

Importe do contrato: 51.613,82€.- (IVE  do 21% incluído que ascende a 8.957,77€.-)

 

Por Resolución de presidencia de data 14.05.2024 acordouse conceder ao concello de Arbo, unha subvención por importe de 51.613,82 euros co obxecto do financiamento do investimento “REPOSICION VIAL Y EJECUCION DE MURO EN LUGAR DE VILAR” (Exp: 2024019413), cuxo orzamento ascende 51.613,82 euros, recibida a notificación a través da sede electrónica do Concello de Arbo o 15/05/2024 ás 09:30 horas (núm. rexistro entrada 2024-E-RC-1207) (Exp: 2024019413).

 

As obras incluídas neste proxecto teñen como obxecto definir e valorar as actuacións necesarias para a reposición do vial e muros de contencion no Lugar de Vilar do Concello de Arbo.

As obras para realizar consisten na reposición dos muros de contención e do paquete de firmes, co fin de facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, ampliando o vial para facilitar o cruzamento de vehículos e persoas na zona que atravesa o núcleo, aumentando a visibilidade e dotando dunha varanda metálica, situada na coroación do muro, para a seguridade dos peóns.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011