OBRAS DE “MELLORA E AMPLIACIÓN EN VIAL DE ARBO A VILAR-AS LAXAS” ,
OBRAS DE “MELLORA E AMPLIACIÓN EN VIAL DE ARBO A VILAR-AS LAXAS” ,
O Concello de Arbo, recibe unha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), para obras de “MELLORA E AMPLIACIÓN EN VIAL DE ARBO A VILAR-AS LAXAS”, ao abeiro da resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).
Importe da subvención: 45.645,75€.-
Importe da Obra: 54.431,35 € (IVE do 21% incluído que ascende a 9.446,76€.-)
As obras que se desenvolven no proxecto consisten na mellora e ampliación de vial de acceso de Arbo ao Lugar de Vilar na zona de As Laxas no Concello de Arbo.