Axudas Banda Larga

 APERTURA DA PRIMEIRA CONVOCATORIA DE AXUDAS DIRIXIDAS A EMPRESAS E AUTÓNOMOS SITUADOS EN ZONAS ILLADAS DO RURAL GALEGO PARA A DOTACIÓN DO SERVIZO DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA.

Abrese o prazo para a solicitude de subvencións enmarcado no Plan de Banda Larga 2020, aprobado pola Xunta de Galicia a finais de 2015, que conta cun orzamento de 500.000 euros e poderase ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda.

A Contía de subvención será de ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, cun máximo de 20.000€ por beneficiario. O IVE non será subvencionable.

O prazo para a solicitude das axudas rematará o día 20 de abril.

Para máis información sobre a convocatoria na seguinte ligazón http://amtega.xunta.gal/axudas-para-empresas-illadas, ou ben póñase en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres  de 9:00 a 15:00h.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011