Reunión alcalde para reapertura da tempada da pesca da lamprea

Arbo a 2 de maio de 2020 – O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, mantiña unha reunión urxente cos Alcaldes de Crecente e As Neves e a Alcaldesa de Salvaterra para tratar sobre a reapertura da pesca tradicional da Lamprea no tramo do Rio Miño e no Rio Tea

 

 

Como consecuencia da decisión adoptada polo Consello de Ministros Portugues, donde se autoriza a partires do día 4 de maio a reapertura da pesca tradicional nas pesqueiras na marxe esquerda internacional do Rio Miño, decisión da que os alcaldes se enteraron polos medios de comunicación e ante a falta de información na parte española sobre este tema, os alcalde  e a alcaldesa dos catro municipios, reuníronse de maneira urxente esta tarde, para tratar sobre a pesca da lamprea.

Na reunión os rexedores e a rexedora, decidiron remitir  un escrito conxunto dirixido á Delegación do Goberno en Galicia solicitando a reapertura da temporada de pesca tradicional nas “Pesqueiras” do tramo internacional do Miño, tendo en conta que este tipo de actividade esta considerada como pesca tradicional con destino autoconsumo.

Os alcaldes e a Alcaldesa  entenden que se se autoriza o desprazamento persoal para coidade de animais e a actividades relacionadas coa agricultura para autoconsumo, a pesca da lamprea debería estar dentro desta categoría.

Os alcaldes e a alcaldesa confían en que nestes días se aclare este asunto e  dende o goberno de España se teña en conta esta pesca e os pescadores poidan acudir a pescar nas pesqueiras ou nas estacadas, sempre cumprindo coas recomendacións sanitarias.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011