OS AGRICULTORES DE ARBO, SÚMANSE A DESINFECCIÓN DO CONCELLO DE ARBO
-
Pequenos agricultores de Arbo, súmanse a loita contra o coronavirus, colaborando na desinfección do Municipio
-
O Concello de Arbo, entrégalle os produtos sanitarios de desinfección e os agricultores poñen a súa maquinaria e man de obra, baixo a coordinación e supervisión do alcalde, Horacio Gil
-
Os produtos sanitarios utilizados dende o primeiro momento foron adquiridos polo Concello de Arbo con fondos propios .
-
O Concello de Arbo, agradece a colaboración e solidariedade que os arbenses están a demostrar neste momento.
O Concello de Arbo dende un primeiro momento elaborou un plan de limpeza e desinfección que comezaba nos primeiros días do decreto da crise sanitaria coa finalidade de minimizar o risco de infección por coronavirus. Estas tarefas empezaron sendo realizadas coa colaboración de tres adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal que puxeron a disposición do Concello a súa maquinaria e persoal para realizar as tarefas de desinfección segundo os protocolos establecidos, supervisados e coordinados polo alcalde, Horacio Gil.
A estas adegas colaboradoras fóronse sumando pequenos agricultores que se puxeron a disposición do Concello para desinfectar as rúas, lugares públicos e núcleos de poboación de todo o municipio. O pasado venres día 3 de abril os primeiros agricultores desinfectaban os núcleos da parroquia de Arbo e o sábado 4 de abril outro grupo o facía nos núcleos da parroquia de Sela, é hoxe día 8 de abril novamente os agricultores saen cos seus tractores para desinfectar todas as parroquias do Concello de Arbo.
Horacio Gil, afirma, que son moitos os veciños e veciñas arbenses que se ofreceron para colaborar co Concello de Arbo mostrando a súa implicación, solidaridade e preocupación, do que como alcalde, me fai sentiro moi orgulloso. Expreso o meu orgullo- dí Horacio Gil- pola resposta que están a dar os arbenses ante as severas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España, medidas moi duras para eles e para mín. Estamos a dar exemplo de organización e de cumprimento estrito de cada orde que recibimos, actuando con lealdade e seguindo as medidas de prevención precisas coa finalidade de conter a propagación do virus e tratar de minimizar as afeccións no noso municipio. Para elo debemos seguir cumprir do estritamente as recomendacións, evitando ao máximo saír dos nosos domicilios. Entre todos podemos conseguir que este virus non se propague na nosa area de influencia- remata o rexedor.