A Britat en Arbo
Desde hoxe, a Brilat, colabora no control da fronteira con Portugal e nas labores de vixilancia para garantir o cumprimento do estado de alarma declarado polo goberno e reforzar a prevención contra o coronavirus na localidade de Arbo.
O Concello de Arbo , agradece a presenta dos efectivos das Forzas Armadas Españolas no noso municipio nun momento como o actual, no que se fai necesaria a unión de todos e todas os/as veciños e veciñas e o traballo en conxunto das institucións e os corpos e formas de seguridade.
O Concello de Arbo recorda a importancia de cumprir coa aplicación das medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España.
*Recorde que non se pode circular polas vías públicas salvo casos de forza maior ou para ir a traballar.
*QUEDE NA CASA E SAIA SÓ PARA REALIZAR ACTIVIDADES IMPRESCINDIBLES.
*Lave as mans con frecuencia. Cubra a boca e nariz ao esbirrar ou tusir. Evite tocar a boca, nariz e ollos coas mans.
*Manteña a distancia de seguridade de alomenos 1 metro si ten que sair da casa.