Comunicado actividades para os máis cativ@s
Queridos veciños e veciñas:
Debido ao momento de excepcionalidade que estamos a vivir, no que se plantexan situacións totalmente novas ás que nos temos que adaptar rapidamente, dende o Concello de Arbo e coa colaboración e supervisión das monitoras do Punto de Atención a Infancia (P.A.I.), consideramos que debemos dotar ás familias de ferramentas para levar a convivencia no fogar o mellor posible durante o tempo que duren estas circunstancias.
Son momentos nos que os nosos cativos, e os adultos tamén, vémonos privados das nosas rutinas, do noso xeito habitual de vivir, e iso pode xerar que experimentemos sensacións de inseguridade, inquedanza e angustia. Sensacións que vivimos nós e que lle transmitimos aos nosos nenos e nenas. Eles tamén están privados da súa liberdade, nun momento evolutivo no que o movemento, a curiosidade e a experimentación marcan o seu xeito de entender o mundo que teñen ao redor. En moitos casos, pola súa idade, teñen un coñecemento impreciso do que está acontecendo nestes momentos.
É moi importante que lles transmitamos aos nosos cativos e cativas tranquilidade, que pensemos nas cousas boas que podemos aproveitar desta situación tan singular, como compartir con eles moito mais tempo, un tempo de calidade, sen présas nin horarios, no que poder valorar e vivir o que é a familia e as vinculacións afectivas.
Vivimos nunha era dixital que nos permite manter o contacto aínda que teñamos que estar afastados. Grazas a estas ferramentas podemos, dende o Concello, poñer ao voso dispor un tempo de ocio para que o vivades no fogar.
Pensando nas características dos cativos, imos a presentarvos dous bloques de actividades, un para os nenos e nenas de 0 ata 6 anos, e outro para os nenos e nenas de 6 ata os 12 anos. Vanse incluír actividades cunha orientación educativa pero tamén outras cun fin lúdico e de esparcemento, tan preciso nestes días. Tamén haberá actividades para que participe toda a familia, co fin de que compartades e vivades experiencias conxuntas.
É preciso que os nenos e nenas non caian no aburrimento, neses tempos baleiros nos que se poden mostrar mais inquedos e sensibles. E a vós, pais e nais, dicirvos que sexades comprensivos, flexibles. Que organicedes o tempo no fogar con rutinas de alimentación, hixiene, descanso e actividades, e que lle transmitades moito afecto aos vosos fillos e fillas.
Queda ao voso dispor esta dirección de correo electrónico tareasperiodosuspension@gmail.com e o teléfono 647 72 54 73 das nosas monitoras Conchi e Rocío, para que poidades dirixir as vosas experiencias, mensaxes positivos e todo o que queirades sobre como estades a vivir este tempo de agarda.
É unha batalla común e imos a gañala. Quédate na casa!!. Un saúdo e moito ánimo. O Concello de Arbo somos tod@s!!!
O alcalde. Horacio Gil Expósito
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE