MELLORA DE VIAIS MUNICIPAIS EN CEQUELIÑOS POR IMPORTE DE 89.768,94€.-

  • O obxecto do contrato é o ensanche e a mellora dun vial na parroquia de Cequeliños no barrio da Igrexa , de titularidade municipal.
  • Importe do contrato: 89.768,94 €

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos.

Dada a amplía superficie do concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren  completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

Executaranse traballos previos e escavacións, desbroce do terreo, demolición dos pavimentos existentes. Realizarase a recollida das augas pluviais no camiño de baixada a igrexa, coa execución de tubeiras de PVC de diámetros 315mm e 250mm e arquetas sumidoiro, nos tramos sinalados nos planos. En total executaranse 92m de tubeira. Será preciso ademais  repoñer unha tubeira de rego existente, que se atopa  moi superficial, entre outras actuacións que conten o proxecto.

Esta actuación conta cun orzamento de  89.768,94 €  que conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra.

O CONCELLO DE ARBO, DESTINA 99.595,76 €.- NA RENOVACIÓN DE 189 PUNTOS DE LUZ CON TECNOLOXÍA LED

• O investimento ascende 99.595,76 €.- financiado con fondos europeos e con fondos propios do Concello de Arbo

• Un proxecto europeo de aforro e eficiencia enerxética que permitirá substituir 189 puntos de luz por luminarias de led, no Concello de Arbo,

As instalacións dos novos sistemas de iluminación teñen como finalidade mellorar a súa eficiencia enerxética, substituíndo as existentes por outras que supoñen un consumo de enerxía máis reducido e respectuosa co medio ambiente, e o actual proxecto é complementario coas actuacións que xa se executan na iluminación de Arbo.

O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía ((IDAE), concedía  unha achega do 80% de fondos FEDER para a execución do proxecto denominado “iluminación Exterior Sostible II Feder-EELLL-2019-000-499” para o Concello de Arbo

Estas axudas van destinadas as entidades locais para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono do IDAE no marco do programa operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

Este proxecto presentouse no segundo semestre do  2017. Nel están incluídas as actuacións de substitución dos puntos de luz existentes e das actuais iluminarías por Luminarias LED máis eficientes nas zonas que se indican dentro do termo municipal de Arbo.

CONCESIÓN SUBVENCIÓN PLAN CONCELLOS 2021 - LIÑA 1 - INTESTIMENTOS

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 9 de abril de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

"CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE ARBO NO PLAN CONCELLOS 2021 - LIÑA 1-INVESTIMENTOS, CON DESTINO AO FINANCIAMENTO DA ACHEGA MUNICIPAL DO CONVENIO DE COLABORACIÓN DA ACHEGA MUNICIPAL DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE ARBO DO INVESTIMENTO "MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA EP 5202 DO PQ 1+100 AO 1+165 E NA EP 5203 DO PQ 1+150 AO 1+529" 

Convenio para a mellora do camiño de Merelle

 ARBO, ASINA UN CONVENIO COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUTURA RURAL

  • Concello de Arbo, asína un convenio de cooperación coa Conselleria do Medio Rural para a realización de obras de infraestructura Rural na parroquia de Cabeiras
  • As obras seran financiadas, contratadas e executadas pola Xunta de Galicia

O concello de Arbo considera necesaria a execución da obra de  infraestrutura rural “Mellora de accesos en Merelle - Vilaseca (Cabeiras)”, con destino ao uso ou servizo público, sen que por este concello se poida acometer a súa execución por razóns orzamentarias. A Consellería do Medio Rural , en uso das súas competencias, coincide co Concello no uso público da obra, polo que se asinaba un convenio entre ambas administracións, por un importe de 38.709,50 €.

 

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo, co obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas no medio rural, vén de determinar as actuacións a realizar en Arbo,

O goberno local, contemplará proxectos que teñan que ver coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a fixar poboación- informa o rexedor Horacio Gil

O convenio asinado entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2021, e permanecerá vixente ata o remate da actuación contemplada no mesmo, a comunicación da recepción das obras ao Concello e a formalización da acta de entrega.

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011