O Concello de Arbo ven de acometer as obras de “Ampliación dos camiños de Apanceira e San Cristobal (Arbo)”, ao abeiro do proxecto elaborado polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D. Fernando Costa González, sendo o orzamento de execución por contrata de 68.890,14 € (IVE do 21% incluído), e contando co financiamento da Consellería de Medio Rural (AGADER) no importe de 56.934,00 €, no marco da Resolución do 25 de xaneiro de 2016, pola que se aproba o Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias-2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
Ditas obras consisten de acordo co proxecto aprobado na ampliación e mellora dos camiños públicos citados, e as actuacións a realizar son:
APANCEIRA
Preparación e arranxo de camiño existente con tira de ensanche, incluíndo: caixeado para albergar o paquete de firme, con rasanteo, nivelación e compactación da sub-base; base de zahorra artificial de 20 cm. De espesor , unha vez estendida e compactada; rego semiprofundo cunha dotación de 3 Kg/m2 de emulsión asfáltica tipo ECR-2 e 20 l/m2 de gravilla 6/12. Coa execución dos muros necesarios.
O desenvolvemento da actuación abarca a zona indicada nos planos, deixando rematadas as conexións co actual sistema viario de Arbo a fin de conseguir un todo harmónico e interconectado.
ESTADO ACTUAL
ESTADO ACTUAL
ESTADO ANTES DA OBRA