Colocacion de Barandilla para o mellor acceso a Capela de San Xoan.
Acceso o Adro da Capela de San Xoan
Rematadas as obras de mellora e adaptación das instalacións do Mercado Municipal. Fase II
- Supresión das barreiras arquitectónicas e de comunicación e instalación dun novo pavimento antiesvarante, posto que o actual resulta moi perigoso para os usuarios en xeral, pero sobre todo para aqueles que poidan presentar algún problema de mobilidade reducida; na Fase I executada o ano pasado levouse a cabo a construción dun aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida, nesta fase contémplase a supresión de barreiras comunicativa coa instalación de sinalización da praza en Braille
- Demolición dos actuais postos de venta centrais, onde se leva a cabo a venta de peixe, verduras e froitas e instalar puntos de venta que sexan funcionais e esteticamente máis modernos, limpos e hixiénicos o estar enteiramente realizados en aceiro inoxidabble, e tamén dispor de fregadeiros realizados no mesmo material, con grifos especificamente deseñados e pensados para a actividade que se desenvolve nas prazas
- Mellora do pavimento central da praza de abastos, demolendo o existente que se atopa en mal estado e ademais e perigoso e esvarante cando se molla
- Instalación de carteleira de aceiro inoxidable sobre os novos postos de aceiro inoxidable para que os vendedores poidan rotulalos có seu nome
- Instalación dun punto de información ós usuarios do Mercado Municipal de Abastos coa instalación dun MUPI informativo comercial, onde os praceiros poderán publicar as novidades, campañas e ofertas que se están desenvolvendo.
- Colocación dun maior número de consignas para facilitar as compras dos usuarios da Praza de Abasto
- Instalación dun colector de residuos con bocas de reciclaxe separadas para incentivar a reciclaxe dentro da Praza de Abastos.
- Cambio do actual falso teito que se atopa en moi mal estado dando unha imaxe sucia e de abandono
- Melloramento do illamento térmico coa instalación de espuma ríxida de poliuretano fabricada “in situ"
- Retirada de iluminación actual e substitución da mesma por iluminación tipo LED
- Instalación de luminarias de emerxencia
- Instalación de aparcabicicletas para promover o uso deste tipo de vehículo
- Limpeza de fachada e reacondionamento das letras de “Mercado Municipal”
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011