Remate da obra do Lavadoiro de A Coutada
Rematadas as obra de “Restauración de Lavadoiros”, incluídas na ampliación do POSS/15, donde estaba incluido o Lavadoiro da Coutada.
Estado Actual
Estado anterior a obra
Rematadas as obra de “Restauración de Lavadoiros”, incluídas na ampliación do POSS/15, donde estaba incluido o Lavadoiro da Coutada.
Estado Actual
Estado anterior a obra
A través das axudas emitidas pola Consellería de Economía e Industria ós concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Concello de Arbo busca a dinamización do espazo comercial adicado ao Mercado de Abastos Municipal, axudando a que sexa máis competitivo e máis atractivo para os consumidores. E por iso que é necesario adoptar medidas para poder incorporalas a sociedade de consumo actual e para iso, neste caso, o goberno municipal de Arbo contempla:
- Supresión das barreiras arquitectónicas e de comunicación e instalación dun novo pavimento antiesvarante, posto que o actual resulta moi perigoso para os usuarios en xeral, pero sobre todo para aqueles que poidan presentar algún problema de mobilidade reducida; na Fase I executada o ano pasado levouse a cabo a construción dun aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida, nesta fase contémplase a supresión de barreiras comunicativa coa instalación de sinalización da praza en Braille.
- Demolición dos actuais postos de venta centrais, onde se leva a cabo a venta de peixe, verduras e froitas e instalar puntos de venta que sexan funcionais e esteticamente máis modernos, limpos e hixiénicos o estar enteiramente realizados en aceiro inoxidabble, e tamén dispor de fregadeiros realizados no mesmo material, con grifos especificamente deseñados e pensados para a actividade que se desenvolve nas prazas.
- Mellora do pavimento central da praza de abastos, demolendo o existente que se atopa en mal estado e ademais e perigoso e esvarante cando se molle
- Instalación de carteleira de aceiro inoxidable sobre os novos postos de aceiro inoxidable para que os vendedores poidan rotulalos có seu nome
- Instalación dun punto de información ós usuarios do Mercado Municipal de Abastos coa instalación dun MUPI informativo comercial, onde os praceiros poderán publicar as novidades, campañas e ofertas que se están desenvolvendo.
- Colocación dun maior número de consignas para facilitar as compras dos usuarios da Praza de Abastos
- Instalación dun colector de residuos con bocas de reciclaxe separadas para incentivar a reciclaxe dentro da Praza de Abastos.
- Cambio do actual falso teito que se atopa en moi mal estado dando unha imaxe sucia e de abandono
- Melloramento do illamento térmico coa instalación de espuma ríxida de poliuretano fabricada “in situ”
- Retirada de iluminación actual e substitución da mesma por iluminación tipo LED
- Instalación de luminarias de emerxencia
- Instalación de aparcabicicletas para promover o uso deste tipo de vehículos
- Limpeza de fachada e reacondionamento das letras de “Mercado Municipal”
As obras de mellora e adaptación das instalacións do Mercado Municipal. Fase II contan cun orzamento de execución por contrata cifrado en 86.997,17 €.- IVE incluído.
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, esta acometer a obra “Pasarela de Madeira no Rio Cea”, dacordo a solicitude realizada por este Concello con data 27 de abril de 2015, tendo en conta a gran importancia que ditas infraestructuras de paso poseen como via de comunicación entre núcleos de poboación.
As obras son financiadas pola Confederación o 100%, e en canto o Organismo de cuenca notifique a este Concello a súa finalización, será esta entidade local a que asuma a todolos efectos a xestión, mantenemento, explotación e conservación desta.
O concello de Arbo ven de contratar as obras de construcción de Marquesiña no paseo fluvial do Rio Miño no lugar de A Estación, obras incluidas dentro do POSS/15, concedidas por Resolución do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
As obras consisten en limpeza, reparación e reconstrucción de marquesina de madeira laminada, asi como reparación de pilastras de granito, comprendendo o desmontado da sillería e acopio das pezas para a súa recolocación.
Estado Actual
O concello de Arbo ven de contratar as obras de construcción de Marquesiñas para parada de autobús no lugar de Couto e a Vila na parroqua de Arbo e no lugar de Reguengo na parroquia de Mourentan, obras incluidas dentro do POSS/15, concedidas por Resolución do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
As obras consisten en excavación de terras a ceo aberto para formación de caixa da solera para apoio, para colocación de de marquesina composta de pilares e banco de aceiro inoxidable AISI-304 pulido brillante. Panel tellado con tres pilares, soporte para a súa fixación con escuadras e perfiles para cerramento con cristal. Tellado de poliuretano galvanizado e prelacado e Cristal laminado de seguridade.
" A Vila "
"O Reguengo"
"O Couto"
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011