Mellora Lavadoiro Sela - Hermida
“OBRAS DE MELLORA EN LAVADOIRO DE SELA E EN FONTE – LAVADOIRO DA HERMIDA”,
Lavadoiro Sela
Á vista do expediente que se tramitou ante a Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo as bases publicadas no BOPPO nº 1 do 02/01/2020, pola que se convocan as bases reguladoras e convocatorias do Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Investimentos., para a obtención dunha subvención de 21.824,56€ para a actuación denominada “Obras de mellora en Lavadoiro de Sela e en fonte – lavadoiro da Hermida”,
Tendo en conta que consta no expediente memoria técnica redactada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes, que serviu de base para a petición da subvención, e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 45.000€.- € (IVE do 21% incluído que ascende a 7.810,00 €). Esta memoria é completada, tras requirimento do ente provincial, en documento técnico asinado en data 25.03.2020.
Posto que esta actuación conta con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, no importe de 45.000,00 € en virtude de Resolución de data 06.04.2020, recibida o 17.04.2020.c
Coas obras proxectadas pretendese conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construccións tradicionais e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes. Mellorando as condicións das construccións existentes, mellorarase a súa funcionalidade e fomentarase o uso e mantemento.
En base a ditas necesidades a satisfacer, deberá procederse á adxudicación da actuación “Obras de mellora en lavadoiro de Sela, Fonte e Lavadoiro en A Hermida”” a través da figura do contrato menor de obras, mediante tramitación ordinaria, dado o que o importe ao que ascende a mesma 21.824,56 € (IVE do 21% incluído que ascende a 3.787,56 €) , sendo a base sen IVE de 18.036,86 €, non supera en ningún caso os 40.000 euros, IVE excluído, establecidos para os contratos menores de obras no artigo 118.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, e a súa duración non superará o prazo máximo previsto para este tipo de contratos que se fixa na memoria en a xustificación da subvención concedida e que se fixa en 40 días