Mellora e ampliación Camiño de Esmoriz-Arbo

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A MELLORA E AMPLIACIÓN CAMIÑO DE ESMORIZ-ARBO

A Xunta de Goberno Local da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 17 de abril de 2020 adoptou entre outros o acordo de concesión de Subvención ao Concello de Arbo na Plan Concellos 2020 Liña 1 -Investimentos con Destino ao financiamento do Investimento "Mellora e Ampliación Camiño de Esmoriz - Arbo"

As actuacións propostas neste proxecto pódense clasificar como obras de saneamento e pavimentación. Poderían englobarse aquelas que perseguen a conexión de saneamento e mellorar a pavimentación.

Proxétase un colector de 305 metros de gravidade para a rede de residuos, empregando un tubo compacto de PVC tipo SN4 de Ø 315 mm, soterrado en fosa cavada no leito de area, ata a conexión con pozos, 10 pozos prefabricados de HM. Medio cano formado por medio tubo de formigón d = 30cm sobre base de formigón para mellorar a drenaxe e o rego.ç

Está previsto que a ampliación da estrada existente e a execución de 4 metros sexan 1,5 metros muros de cachotería cunha altura media de 2 metros, a reposición  de peches de bloque e malla. Para salvar o depósito  de auga existente, están previstos catro piares con estribos e unha lousa de formigón, pavimentando o camiño con mestura bituminosa quente de 5 cm (AC16 SURF 50/70 S) con unha lonxitude de 385 metros por un ancho medio de 4,00 metros.

A acción abrangue a zona indicada nos planos, deixando rematadas  as conexións coas actuais redes de abastecemento e saneamento de Arbo, co fin de conseguir un todo harmonioso e interconectado.

O importe do contrato ascendería á cantidade de 123.544,75 €   (IVE incluido do 21% que ascende a 21.441,65 €).

 

Remate obras Portafeitos - Sela

CULMINADA A SEGUNDA FASE DAS OBRAS NO CAMIÑO MUNICIPAL   DO ACCESO A PORTAFEITOS EN ARBO

  • A primeira fase consistiu na apertura do camiño por non existir  bo acceso ao barrio de Eidos de Arriba en Sela

 

  • As obras tanto da primeira como da segunda fase foron subvencionadas o 100% e contratadas pola Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia.

 

As obras consistiron na pavimentación e na realización de cunetas. Esta obra incluida no plan do Concello de Arbo de mellora de camilños municipais da continuidade ás obas acometidas con anterioridade e que eran eran necesarias polo mal acceso aos Eidos de Arriba, e para facilitar a circulación de vehículos con maior seguridade e comidade.

Rematadas as obras de Pividal - Meixoeiro


REMATAN AS OBRAS DE “ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN DO VIAL MUNICIPAL PIVIDAL-MOURENTAN”

  • Concello de Arbo, ten concedida unha subvención no Plan Concellos 2018-2019- Liña Investimentos, con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra “Ensanche e Pavimentación do Vial Municipal Pividal-Mourentan”, POR IMPORTE DE 170.144,59 €.- (IVE incluido do 21% que ascende a 29.529,23 €.-)

  • As actuación proxectadas FORON :

O camino atopase pavimentado na actualidade con firme de mezcla bituminosa en quente, pero o ancho e de 3,00 metros, sendo moi escaso en toda a súa lonxitude, e moi perigoso en certos puntos do seu trazado.

Pretendese obter un ancho de calzada de 5,00 metros e en distintos puntos da obra executarase una cuneta revestida de 1,00metro, polo que se planea conseguir una plataforma constante de 6,00 metros de ancho.

Executaranse as excavacions en desmonte necesarias para conseguir dita plataforma, sendo necesarias muros de mampostería que conteñan as terras dos taludes excavados.

Como se pretende mellorar o trazado, tanto en planta  como en alzado, tamén se rebaixara a rasante actual nun cambio de rasante nunha distancia de 50 metros. Na parte final da obra executarase un ensanche puntual para permitir que os vehículos poidan dar a volva, xa que a partir de ahí, a pista non permite a circulación dos mesmos, e na actualidade, esa zona final e demasiago angosta.

 

Como obras complementarias o ensanche, aproveitara para entubar un canal de rego existente, que se atopa en zona moi peligrosa do tramo de tubaxe de abastecemento de polietileno, que chegara ata o final da obra, na súa parte máis alta.

Una vez executadas todas as actuacions necesarias, pavimentarase a zona de ensanche cunha capa de base de zahorra artificial de 20 cm de espesor, e una capa intermedia de mezcla bituminosa completamente cunha capa de rodadura de mezcla bituminosa en quente tipo AC16  SURF 50/70D de 5 cm de espesor.

Finalmente, poderán a cota de nova rasante as tapas de pozo de rexistro existentes,  e colocarase una barreira de seguridade tipo bionda na zona máis perigosa que se citaba anteriormente, dando así por rematadas as actuacións reflexadas neste proxecto de construcción.

Comezo das obras na Vivenda de Cequeliños

ARBO DISPORA  DA SUA PRIMEIRA VIVIENDA SOCIAL

·A vivenda esta ubicada na antiga Escola de  Mestres de  Cequeliños

·Para financiar as obras dende o Concello de Arbo optaban a unha  línea de Subvencións da Xunta de Galicia orientada a restauración de este tipo de inmobles.

 A finais do ano 2019 o Concello de Arbo recibía unha achega por importe de 8.269,00€ do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha da súa primeira vivenda social.

Esta semana arrancaban as obras de rehabilitación da casa de Mestres de Cequeliños. A adxudicación do contrato realizábase a pasada semana, sendo unha empresa local de Arbo, a encargada de realizar os traballos para a posta en marcha da vivenda social.

Remate obras en Merelle

CONCLUEN AS OBRAS NO BARRIO DE MERELLE EN CABEIRAS – Arbo

  • As obras son subvencionadas o 100% pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que tamén se encargou da contratación da mesma

 

  • Actuacións municipais que pretenden dar resposta as demandas dos vecinos e veciñas de Arbo

 

As obras na estrada municipal no barrio de Merelle, daban comezo o pasado mes de febrero e  tiñan como obxetivo principal mellorar a movilidade, accesibilidade e seguridade da vía pública no barrio de Merelle na parroquia de Cabeiras, ampliando e pavimentando o vial xa existente

.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011