CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE AUGAS DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO PARA ACOMETER OBRAS DE URXENCIA NA EDAR DE SANDE – MOURENTAN
Como consecuencia das condicións climatolóxicas, a EDAR de Sande e os colectores da zona Granxa e a Capela da EDAR de Sande, sufriron danos que poden provocar graves problemas na EDAR. Por tal motivo o alcalde do Concello de Arbo, nunha reunión urxente, solicitaba á Xunta de Galicia o apoio e colaboración na reparación e optimización do funcionamento efectivo no prazo máis breve posible da EDAR de Sande e os seus colectores.
COMENZAN AS OBRAS EN PORTAFEITOS - SELA EN ARBO
Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil, actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación do camiño de acceso ao lugar de Portafeitos - Sela”
COMENZAN AS OBRAS NO BARRIO DE MERELLE EN ARBO
Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil, actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación do camiño de acceso ao lugar de Merelle - Cabeiras”
Estas melloras teñen como obxetivo mellorar a movilidade, accesibilidade e seguridade da vía pública no barrio de Merelle na parroquia de Cabeiras, ampliando e pavimentando o vial xa existente.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011