Humanización San Benito

O CONCELLO DE ARBO INVERTIRA 235.961,64 Euros NA “HUMANIZACIÓN RÚA SAN BENITO”

  • O Concello asinara  no mes de xaneiro un convenio  coa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,  para financiar as obras. 
  • As obras están enmarcadas dentro do Plan Hurbe da Xunta, que naceu como resposta á necesidade da humanización das aldeas de Galicia, que busca o achegamento de marcos urbanos aos seus habitantes adaptando e creando espazos públicos para as necesidades actuais.
  • Estas obras veñen para culminar a humanización deste vial de acceso ao núcleo urbano de Arbo, tras as obras executadas coa humanización da Rúa Antonia Tovar.

O obxecto do presente consiste na humanización da rúa San Benito,  onde se realizasen beirarrúas, renovaranse as redes de servizos. Dispoñeranse canalizacións de PVC para a reposición das redes de saneamento de augas pluviais e fecais, mellorase a rede de abastecemento.  Tamén se executarán canalizacións enterradas para a rede de telecomunicacións e de enerxía eléctrica. Dispoñerase de iluminación con luminarias  Led. Por último, executarase a sinalización horizontal e vertical precisa.

Remate melloras no Museo Arabo

Actualización de contidos e mellora de equipamento multimedia do  Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño do Condado “Arabo”

  • “Deseño, promoción e execución da actualización  e mellora da exposición permanente do Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño “Arabo”.
  • O Concello obtivo unha  subvención  por importe de 59.518,27 €.-  do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
  • O importe das melloras ascendeu a 65.945,00 €

O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea Arabo, e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia de Arbo.

Con estas actuacións mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización  e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ coa dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos videos, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos e redacción de novos textos.

Coas melloras introducidas no Museo Arbo,  creouse un espazo para albergar unha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea.  A primeira Festa da Lamprea ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello a cargo da Comisión "Pro Homenaxe á Lamprea", que tributaba a través desta xornada festiva o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Miño proporcionaba.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil,  manifesta que con esta actuación de mellora o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea adecuarase aos estándares e requisitos turísticos que un centro destas características debe albergar. A modernización e a implantación de novos sistemas tecnolóxicos de visionado e interacción co visitante a través de videos, pantallas táctiles e proxectores, a elaboración de novos contidos, novos materiais, novas fotografías ou a publicación de novos folletos informativos permitirán unha visita moito mais dinámica e ilustrativa para os nosos visitantes. Poderán disfrutar duns contidos adaptados ás necesidades e requerimentos actuais dun museo con amplios contidos e informacións que transmitir sobre Arbo e os seus bens mais preciados.  

Videos que se poden ver no Museo Arabo: https://www.youtube.com/watch?v=vmsf82-5XAo

https://www.youtube.com/watch?v=7II6MJVhujE

https://www.youtube.com/watch?v=AZPER3AGZUg

https://www.youtube.com/watch?v=wzPOnbYl734&t=2s

 

Sinatura Convenio con Medio Rural

CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ARBO PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUTURA RURAL para PAVIMENTACION DOS CAMIÑOS DE ACCESO O LUGAR DE MERELLE (CABEIRAS) E PORTA FEITO (SELA) 

 Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil,  actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación dos camiños de acceso ao lugar de Merelle e Porta Feito”

As obras, consisten en alargar o camiño de acceso a  Merelle, ata alcanzar un ancho medio de 5,00 m., para posteriormente dotalo dunha capa de rodadura con mestura  bituminosa en quente. Todo iso nunha lonxitude total de 373,00 metros lineais e dotar dunha capa de rodadura con mestura  bituminosa en quente ao camiño de acceso a Porta  Feito, en 185  ml, o cal se atopa actualmente en saburra. Completarase a actuación sobre o camiño, coa instalación dun sinal de STOP, e o pintada das marcas viarias de bordo de 15 cm de ancho

Avance Obras Bouza de Miguel

Avance das Obras da Area Recreativa do Parque Forestal de Bouza de Miguel en Arbo  (Detras do Campo de Futbol)

Actuacións que se están levando a cabo na primeira fase:  implantación de medidas fronte os incendios forestais,  plantación de arbores autóctonos,  eliminación das especies seucaliptus en faixas de defensa primaria, instalación de elementos de xogo infantís (tirolina, tobongan con pendente, columpio adaptado a persoas con mobilidade reducida….)

Melloras en Pedreira e a Granxa

O CONCELLO DE ARBO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA VICREPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS E XUSTIZA PARA A  “MELLORA DE INFRAESTRUCTURAS DE SANEAMENTO NO CAMIÑO DE A GRANXA-CABEZUDOS  E DRENAXE NO CAMIÑO PEDREIRA-CABEIRAS”  

Defínese tecnicamente e presupostase a solución para a execución da conexión de saneamento na Granxa-Cabezudas á rede xeral do  concello,  así como a recollida das augas pluviais eo  ensanche do camiño de Pedreira- Cabeiras existente e a súa pavimentación,  o cal permitirá mellorar dita vía e permitir unha mellor comunicación no lugar.

Este convenio de colaboración responde ao interese público e social que representa a  acción de fomento da Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza dunhas actuacións imprescindibles para o normal funcionamento da entidade local, que lle permiten exercer as competencias e prestar os servizos que a normativa básica en materia de réxime local atribúelles aos concellos, como Administracion máis próxima aos administrados.

A obra fundamentase na necesidade de responder de contado ante a grave situación na que se atopan a infraestructura.  A necesidade e urxente de acometer as obras de saneamento no lugar de A Granxa vén derivada da existencia de verquidos incontrolados así como de fugas de augas residuais no treito de colector existente, que producen contaminación de parcelas agricolas (fundamentalmente viñedos) e filtracións nas vivendas.O lugar de A Pedreira sitúase a carón dunha zona de monte que teimadamente vén sendo pasto de frecuentes incendios. Asemade, este problema ten derivado en outros non menos importantes; o tránsito continuo de maquinaria pesada e de camións que transitan polo lugar para acceder o monte fixo que é en época de chuvias se forme enxurrada que chega ata as vivendas do lugar. Esta problemática sobrevida e de inaprazable solución e precisa unha rápida e urxente intervención para evitar maiores complicacións de indolé sanitaria e económica para os habitantes de ambos os lugares.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011