Prestamo para adquisicion de Inmoble

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UN PRESTAMO SEN XUROS POR IMPORTE DE 211.750,00 €.- PARA COMPRA DE INMOBLE CON DESTINO A CENTRO SOCIAL PARA A TERCEIRA IDADE E PUNTO DE ATENCIÓN INFANTIL (P.A.I)

 


 

O Concello de Arbo, recibe un préstamo sen xuros da Deputación Provincial de Pontevedra por importe de  211.750,00 €.- para adquisición de inmoble no lugar de  A Chan – Arbo, co fin de situar na mesma o futuro Centro Social para a Terceira Idade e Punto de Atención Infantil (P.A.I), complementando as actuais instalacións e servizos que posúe este Municipio e destinados a este colectivo cada vez máis numeroso en concellos do rural, como Arbo.

Coa adquisición desta inmoble,  poderá dotarse ao Municipio dun equipamento social, do que actualmente carece, xa que na actualidade en Arbo só existe para esta poboación o servizo de SAF básico e do SAF para as persoas dependentes, non existindo outros recursos como centros de día ou residencias, aínda que se atopan en proxecto varias iniciativas neste eido.

Por este motivo, e ante esta situación, este Centro Social para a Terceira Idade  é imprescindible por ter como misión principal a acollida, entretemento e  coidado deste colectivo. As súas instalacións responderán ás necesidades dos maiores neste eido, ao tempo que disporá dos espazos creativos e de esparcimento necesarios.

Por outro lado, o servizo do P.A.I. de Arbo  mantense aberto dende febreiro de 2005, durante todo o ano agás o mes de agosto. Na actualidade ten unha capacidade máxima nas instalacións existentes de 20 prazas. Os usuarios deste servizo, tal e como se establece na actual normativa, son menores comprendidos entre os 3 meses e os 3 anos de idade. Dende o 2010 comezouse a aplicar Regulamento no referente á reserva de prazas, abrindo este período de reserva no mes de marzo, de cara o seguinte curso.

O Punto de Atención á primeira infancia  é de vital importancia para unha localidade como Arbo e cumpre as seguintes funcións:  función social, xa que favorece a conciliación entre a vida familiar e laboral. Función asistencial, cubrindo as necesidades físicas dos nenos e nenas a través da adquisición e do desenvolvemento dos seus primeiros hábitos. Tamén se atenden as necesidades puntuais e aqueles casos nos que concorran situacións ou circunstancias que lles impidan ás familias o seu coidado.  E  función educativa, ofrecendo aos nenos e ás nenas un entorno de aprendizaxe,

Melloras no Polideportivo Municipal

CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO POLO SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO PARA A MELLORA DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

Á vista do convenio asinado en maio de 2019 polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o alcalde do Concello de Arbo, para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal.

Tendo en conta que consta no expediente memoria redactada polo Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes, en data febreiro de 2019, que serviu de base para a petición da achega,  e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 14.978,00 € (IVE   do 21% incluído que ascende a  2.599,51 €.)

Posto que esta actuación conta con financiamento ao 100% do Ente autonómico en virtude do convenio asinado en maio de 2019 polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o alcalde do Concello de Arbo, para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal.

Considerando que esta actuación, tal e como se recolle na memoria técnica, ten como finalidade  as obras de mantemento no pavillón polideportivo municipal de Arbo, dado que presenta estragos e humidades.

 

O obxectivo e conseguir un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, neste caso deportivas, de forma que o Concello poida prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia da súa idade, sexo.., apoiando aquelas actuacións cuxa finalidade é o deporte.

No pavillón Polideportivo de Arbo, realízanse distintas actividades organizadas por diversas asociacións do Concello de Arbo, entre elas, clases de Zumba, Pilates, bailes moderno, fútbol-sala.....

 As obras son necesarias para que as actividades, así como os eventos que organiza o Concello de Arbo durante todo ano non supoñan un risco para os usuarios.

A zona de intervención céntrase na cuberta dos vestiarios, e nos acabados interiores, deteriorados pola presenza de filtracións de auga da choiva.

As obras a realizar consisten en:

  • Substitución de panel sándwich de cuberta, sobre os vestiarios
  • Reparación de canaletas da anterior cuberta
  • Pintado de vestiarios, con reparacións puntuais (emplastecidos, etc..)
  • Substitución de porterías de fútbol

 

Restauración de Lavadoiros e Fontes

Contratación  das obras incluídas no Proxecto de “Restauración de lavadoiros e fontes”

Á vista do expediente que se tramitou perante a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a obtención dunha subvención de 20.650 € para a actuación denominada “Restauración de lavadoiros e fontes”,  no marco das bases de subvencións do Plan Concellos 2018-2019 – Anualidade 2019 da  Deputación Provincial de Pontevedra aprobadas polo Pleno da Deputación o día 29 de decembro de 2017 e publicadas no BOPPO nº3 de 3-01-2018.

En base a ditas necesidades a satisfacer, deberá procederse á adxudicación da  actuación “Restauración de lavadoiros e fontes”,  a través da figura do contrato menor de obras, mediante tramitación ordinaria, dado o que o  importe ao que ascende a mesma  de   20.650,00 €  (IVE incluído)  ou 17.066,12 € (IVE excluído)  non supera en ningún caso os 40.000 euros, IVE excluído, establecidos para os contratos menores de obras no artigo 118.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, e a súa duración non superará o prazo máximo previsto para a xustificación da subvención concedida e que se fixa en un  (1) mes.

Mellorar os Lavadoiros e Fontes de  As Valiñas-Sela, O Perneiral – Cabeiras, Urzal- Barcela, Merelle-Cabeiras

As actuación proxectadas son:

FONTE-LAVADOIRO EN O PERNEIRAL, CABEIRAS.

• Apertura da caixa existente no frasco para a limpeza e restauración.

• Mellora da captación para a subministración da fonte.

• Mellora das paredes de fábrica existentes mediante a limpeza e gravación da pantalla mesmo

• Mellora das condicións estéticas e adaptación ao ambiente mediante a pintura

bloquear fábricas con cores segundo o medio

• Ambiente de lavado de pavimentos de recollida de auga e forxado de granito

• Restauración da fonte, para a súa valorización

 

LAVADOIRO EN AS VALIÑAS, SELA.

• Demolición parcial do muro de contención lateral e reconstrución da mesma para

mellora das condicións de seguridade

• Drenaxe da parte traseira da lavandería e do lado a reconstruír

• Pintura de todos os elementos cubertos con cores segundo o medio

• Gravado de paredes de pedra e restauración de fontes e lavandería

• Limpeza e limpeza da parcela ao redor da roupa.

• Realización de pavimentos de granito na área de lavado.

• Restauración da porta da mina e pintura da mesma

• Acondicionamento da parte traseira da lavandería ata a estrada

• Realización de etapas de pedra similares

 

LAVADOIRO EN URZAL BARCELA.

 

• Limpeza e limpeza da parcela ao redor da lavandería e da fonte.

• Revestimento de lavado e pintura de pezas revestidas

• Pintar a estrutura existente con cores segundo o medio

• Restauración de fontes e minas

• Baixar a canle de auga para a roupa

• Coloque os pasos cara abaixo ata a roupa

• Muro de pedra de Encintar

• Condicionar todo o ambiente.

 

LAVADOIRO (BARROCAS) EN MERELLE, SANTA MARÍA DE CABEIRAS.      

• Recorte E limpeza da parcela alrededor da lavandería e fonte.

• Recolección mellorada para o subministro da fuente. Valorar os muros de mampostería existentes, limpiándos

• Restauración da fonte, para  a sua recuperación.

• Acondicionar o acceso dende a estrada .

Con estas actuacións pretendese restaurar e poñer en valor os lavadoiros e fontes de tal forma que se integren mellor no entorno rural.

 

 

Mellora alumeado publico

SUMINISTRO PARA MELLORA DA EFICIENCIA E SEGURIDADE NO ALUMEADO PUBLICO

Por resolución de 22 de marzo de 2019 o concello de Arbo, recibe unha achega ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 Liña 1 da Deputación de Pontevedra para o investimento de Suministro para mellora da eficiencia e seguridade no alumeado publico

o obxeto do  suministro ten como finalidade o suministro de materiais nas solucións adaptadas para a mellora da eficiencia enerxetica das intalación de alumeado publico en;

A) BARRIO DA PORTELA

B) RÚA ANTONIA TOVAR

O orzamento do suministro ascende a 8.214,97€.-

Acondicionamento da Estrada E.P 5003 en a Lomba

Deron comezo as obras para acondicionamento da Estrada E.P 5003 a altura da Lomba - Mourentan do temino municipal de Arbo

As obras desarrollaranse no entrono da estrada de titularidade provincial EP-5003, nas proximidades do cruce coa estrada EP-5003, nas proximidades do crucre coa estrada EP-5205 a altura da Lomba.

O obxeto das obras e a renovación da pavimentación e todación dos servizos nas zonas definidadas no proxecto. Renovación de pavimentos, realización de sendas peatonais de anchura variable e ademais se renovara un tramo da rede de abastecemento e executarase nova red da zona na que non hay.

Disporanse canalizacións para a rede de telecomunicación e de enerxia eléctrica. disporase de iluminación con luminarias Led

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011