Avaance obras en Eidos de Arriba

ACONDICIONAMENTO DO VIAL EN EIDOS DE ARRIBA – SELA

As obras están enmarcadas dentro do Plan de Infraestructuras Rurais 2018, “Ampliación e acondicionamento do vial sito en Eidos de Arriba da parroquia de Sela en Arbo”

O Director Xeral de Desenvolvemento Rural don Miguel Ángel Pérez Dubois e o alcalde do Concello de Arbo don Horacio Gil asinaban un convenio en Santiago para execución de esta obra de infraestrutura rural.

As obras se plantexan pola necesidade de facilitar o acceso normal de veciños e vehículos de servizo como ambulancia, bombeiros, etc, o barrio de Eidos de Arriba. Un lugar de difícil acceso ata o momento, debido a configuración vial do núcleo actual, adaptándose o trazado existente o camiño público no que se están realizando as obras.

As obras consisten no desbroce, retirada de terra vexetal, desmonte e terraplenado, construción dun trazado de un carril por sentido de circulación, coa canalización de auga de rego e novos muros para contención de terra nas fincas afectadas pola ampliación.

Estas obras relaciónanse coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nas zonas rurais. As obras realizadas dentro deste plan nos últimos anos foron as melloras no acceso dos Eidos de Arriba en Sela, As Searas en Arbo, Espedregada e Fontán en Cabeiras, entre outras. 

Mellora de Acceso a Paravedra

O CONCELLO DE ARBO, PRETENDE MELLORAR A PAVIMENTACIÓN DO ACCESO A PARAVEDRA, NA PARROQUIA DE MOURENTAN

O Concello de Arbo, ten concedida unha subvención no marco do  Plan Concellos 2018-2019- Liña Investimentos, con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra “Acceso a Paravedra” POR IMPORTE DE 70.545,21 €.-

O obxecto do presente proxecto consiste na ampliación do vial existente para facer posible  o paso de vehículos polo mesmo.  A obras realizanse por mor do mal estado do vial mencionado donde o  firme atopase deteriorado e con fochancas en diversas zonas o que perigoso o paso de vehículos é peons

 O pavimento estará formado por formigón rachado . Baixo este pavimento se extenderá una capa de zahorra artificial Cómpre realizar cinco muros de contención de mampostería nas zonas indicadas nos planos.Se repondrá a rede de drenaxe de pluviales existente, así como una rede de rego. Será necesario o retranqueo, dacordo ao definido nos planos do proxecto.

A lonxitud total do vial é de 220m. Se modificará o rasante do mesmo puntualmente, para lograr sobreanchos nalgunhas zonas, mantendo os accesos ás fincas.

O concello non conta con medios persoais nin materiais para acometer ditas obras.

Mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuir a despoboación e formentar a actividade económica e o obxetivo do actual gobernó. O vial conta na actualidade cunha anchura insuficiente para o paso de vehículos medianos, con estreitamento de ata 2,06m, o que fai imposible o acceso de vehículos tales como ambulancias, coche de bombeiros a una zona de núcleo rural.

Mellora na Estrada de Perneiral

O CONCELLO DE ARBO ESTA ACOMETENDO OBRAS DE MELLORA NA ESTRADA DE PERNEIRAL NA PARROQUIA DE CABEIRAS – ARBO

As obras realizanse  para ampliación do ancho útil da calzada e mellorar con estes traballos a seguridade vial de vehículos e peons

A obras realizanse  para ampliación do ancho útil da calzada e mellorar con estes traballos a seguridade vial de vehículos e peons

As obras consisten en:

Encaixado de cuneta existente de medio tuvo de formigon mediante tuvería de PVC, incluindo demolición da cuneta, instalación de novo colector, recheo de formigon ata cota de asfaltado, totalmente terminado, incluindo parrilla tramex en arqueta da marxe oposto. Instalación de dous portacontenedores,  e instalación de novo colector de pvc .

Demolición de arqueta existente e instalación de nova arqueta prefabricada de formigon, incluido, incluindio a instalación de guillotinas para desvio de augas de regadío e parrilla tramex na sua parte superior, totalmente terminado. Colocación de tapas de reixas de función bisagras para levantado e resistente o paso de vehículos.

 

Melloras en Estrada de O Couto

No lugar de o Couto, na estrada municipal que pasa polo centro do barrio, non existían cunetas para recollida de augas pluvais, o que supuña un problema tanto para os veciños, vehiculos que circulaban como para as vivendas sitas o lado das vivendas.

Por mor do temporal de chuvia e das fortes rachas de vento rexistradas en Arbo durante  no lugar de o  Couto e o non existir recollida de augas pluviais,  a auga filtrabase nas vivendas e nos muros sitos o lado da estrada, o que estaba facendo que os citados muros de contención corresen perigo.

As obras que se realizaron consistiron na excavación por medios mecanicos e manuais no lateral da estrada con tubaxe pasante do camiño e formigonado de cuneta de 72 metros lineais e a excavación para conexión de alcantarillado en vivendas e 2 arquetas de rexistro para a conexión.

Mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuir a despoboación e formentar a actividade económica.

Nova Achega ao CEIP Antonio Carpintero

NOVAS MELLORAS NO 2018 PARA O CEIP ANTONIO CARPINTERO 


O CEIP Antonio Carpintero obtivo dous importantes subvencións NO ANO 2018 a través da Consellería de Educación para a mellora na fontanería do centro e para reparacións na fachada do colexio.


Concretamente, estes últimos traballos basáronse en dúas axudas deste organismo autonómico. Unha primeira subvención de 6000€ para a reforma de tuberías do centro, xa que presentaban grandes deficiencias que cómpre solucionar. Deste xeito, procedeuse a executar a mellora e modificación da fontanería do Centro Educativo. E unha segunda subvención dotada en 10000€ para realizar unha serie de reparaciones na fachada do edificio do centro de ensinos. Melloras no estado actual da fachada do edificio que son necesarias para a seguridade, estética e visibilidade do mesmo.


Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas nos últimos tempos outras melloras no centro como son a reposición da carpintería, a reparación da cuberta, a reposición de cristais, a substitución de ventás e a reforma da calefacción, ou a mellora de toda a instalación eléctrica.


O CEIP Antonio Carpintero de Arbo tamén  recibe anualmente  una achega  do Concello de Arbo, por importe de 1800 euros para a realización de actividades cos nenos, outra achega de 1600 €.- para a realización das actividades organizadas pola ANPA A Lumbre, así como os traballos de mantemento que anualmente recibe o recinto do colexio por persoal municipal. O Concello de Arbo, asi como outras obras que se realizan a cargo do Concello de Arbo, a última a reparación e colocación de canalons para recollida de auga.


Nos últimos anos levase investido case 128.000 euros por parte da administración autonómica nas melloras do CEIP Antonio Carpintero.

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011