Remate das obras no Sendeiro do Pescadores

O CONCELLO DE ARBO REMATA AS OBRAS NO SENDEIRO DOS PESCADORES

Arbo, a outubro de 2018.- Coas melloras do Sendeiro dos Pescadores o Concello de Arbo ofrece aos turistas e os amantes do sendeirismo unha preciosa ruta cun importante patrimonio artístico e cultural que é pura natureza. 

Por resolución da directora de Turismo de Galicia recibíase unha achega  pola  cantidade de 27.930,88€, para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, anunciada na convocatoria para o ano 2018, publicado no DOG 14 do 19.01.2018.

As actuacións consistiron na instalacións de paneis, infraestruturas de madeira, sinalización do camiño mediante balizas e postes direccionais de madeira, e marcas de pintura e traballos de adecuación do sendeiro como son a roza e creación de nova caixa no camiño.

No Concello de Arbo,  atópanse varios elementos patrimoniais de interese por toda a súa xeografía e na actualidade temos unha boa oferta turística de cara a tempada estival xa que contamos con varias praias fluviais no Miño e no Deva. Así mesmo tamén contamos con varios paneis interpretativos de actuacións pasadas acerca da pesca tradicional da lamprea e outras actividades ligadas aos estilos de vida típicos do lugar.

 

A habilitación deste sendeiro de ribeira e a súa conexión contribuirá a desestacionalizacion da oferta e reforzara os recursos interpretativos cos que conta o Concello. O rexedor segue informando que nos últimos anos Arbo esta tendo máis afluencia de visitantes, o que supón a recompensa da constante promoción e dás melloras dos recursos “únicos” que este municipio sitúa no suroeste da Provincia de Pontevedra. Para os amantes do sendeirismo, toda a Ribeira do Miño atesoura unha preciosa ruta cun importante patrimonio artístico e cultural que é pura natureza. 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011