Obras no Parque Empresarial de Arbo

APROBADA A RESOLUCIÓN QUE INICIA AS OBRAS DE MELLORA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE ARBO

Á vista do expediente que se tramitou en febreiro de 2018 perante a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a obtención dunha subvención de 30.695,82€ - para a actuación denominada “Melloras no Polígono Industrial de Arbo”, no marco de subvención para habilitación e mellora de infraestruturas do parque empresarial,  ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2017 da Consellería de Economía, Emprego e Industria polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia,  se procede a súa convocatoria para o ano 2018 publicada no DOG 12 do 17.01.2018.

Na memoria do proxecto técnico indícase que con estas obras no parque empresarial continuase por parte do Concello cunha serie de melloras nos servizos e infraestruturas que o Concello de Arbo esta realizando en favor das mesmas para a dinamización do medio rural.

O motivo das obras a realizar é o mal estado do Polígono Industrial de Arbo sito na parroquia de Barcela, para dotarlle de maior seguridade e co obxectivo de dinamizar o asentamento de empresas é necesario o remodelamento deste espazo publico.

A actuación a realizar é a mellora das beirarrúas, con obras que consistirán no fresado da pintura existente en mal estado, sobre as beirarrúas de formigón e un posterior tratamento superficial con dobre capa de slurry asfáltico con acabado coloreado.

Ademais  tamen recibiuse o abeiro da mesma orde una  subvención de 6.502,53€ -  para a actuación de seguridade no polígono.

O motivo das obras a realizar é a seguridade do Polígono Industrial, instalando dúas cámaras de vídeo vixilancia e un vídeo gravador con disco duro , entre outras medidas.

Remate obras da Piscina

Arbo finaliza as obras de acondicionamento das súas piscinas municipal

O  Concello de Arbo finalizou as obras de melloras e adecuación das piscinas municipais e o seu recinto. Unhas actuacións adxudicadas por 79.482 euros e que incluen unha pequena praza con pavimento de formigón e zona axardinada. Esta executouse cunha pendente mínima cara ao viario e está delimitada con bolardos para evitar que sexa invadida polos automóbiles.

Así mesmo, construiuse unha caseta de dimensións mínimas, cuxa  envolvente achega transparencia e lixeireza á construción. Tamén conta cun peche para delimitar as súas distintas zonas, o que permitirá un funcionamento conxunto ou independente das dúas piscinas.

As obras no recinto tamén inclúe un peche que dá acceso ao recinto e a delimitación entre zona de piscina e zona deportiva de xogos. Un peche  modulado cunha disposición irregular dos seus elementos, con portas  correderas de amplas dimensións igualmente para que se poidan comunicar as distintas zonas.

Tamén se aplicou un lavado a alto presión, cepillado e lixado e unha posterior capa de pintura lisa de cor negra á pérgola encostada ao edificio de servizo, que se atopaba en mal estado. As luminarias convencionais substituíronse por outras de tecnoloxía led.

Reparouse tamén a cuberta e as xanelas e pintouse toda a fachada. Tamén se reparou a pista polideportiva. Doutra banda, completouse o peche vexetal con sebes que achegan variedade cromática e sobre a cuberta da sala de caldeiras colocáronse xardineiras de aceiro cortén.

melloras na biblioteca

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA COMPRA DE MATERIAL PARA A BIBLIOTECA

O Concello de Arbo, recibe unha achega da Fundación Segundo Gil Davila por un importe de 4.141,08 €.- para a compra de ordenadores e mobiliario para a Biblioteca.

Coa achega compromouse tres ordenadores e estanterias para mellorar o servizo da biblioteca.

obras de melloras en O Couto e A Almuiña

 

O Concello de Arbo licita  obras para mellora de Camiños municipais “MELLORA E PAVIMENTACIÓN EN O COUTO E ALMUIÑA”

 

O concello de Arbo,  acaba de licitar as obras de “Mellora e Pavimentación en O Couto e Almuiña”  con  un importe de 50.000 €.- coa financiación da Conselleria de  Presidencia e Conselleria de Presidencia Administracións Publicas e Xustiza 

 

As obras  en O Couto e Almuiña teñen por obxeto definir e dimensionar as obras necesarias para mellorar o estado destas infraestructuras viarias, é consisten no desbroce, limpeza do camino, limpeza da superficie do pavimento existente, reparación de baches, cuneta de formigon, recalce de tapas de rexistro, e reposición da capa de rodadura e posterior marcación do vial.

Obras de mellora no Vial Rial do Pazo - As Laxas

O Concello de Arbo licita  obras para melloras de Camiños municipais

O concello de Arbo,  acaba de licitar as obras dev”Ampliación Vial dende Rial do Pazo As Laxas”  por un importe de 36.056,22€.- financiado  pola Axencia  Galega de Desenvolvemento Rural pertencente a Conselleria de Medio Rural.

As obras de ampliación de vial dende o Rial do Pazo As Laxas consisten na ampliación, mellora do trazado e do drenaxe da vía, a realización de cunetas formigonados , capa de firme e pintado do eixe da estrada

 

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011