Remate obra Acceso Igrexa de Arbo
REMATADAS AS OBRAS DE “MELLORA E PAVIMENTACIÓN DO ACCESDO A IGREXA DE SANTA MARIA DE ARBO”
O concello de Arbo, recibe unha subvención a través da Consellería de Medio Rural – AGADER, de concesión de axudas correspondentes ao Plan Mellora de Camiños Municipais con destino a execución da actuación denominada “Mellora e pavimentación do acceso a Igrexa de Santa Maria de Arbo” cun orzamento de 53.538,87, estimándose o prazo de excecución do contrato en tres meses a contar dende a sinatura da acta de comprobación do planeamento.
As obras que se levarón a cabo consistiron en reparación do muro existente enfrente da Igrexa, repoñendo pedras caídas e realizando as obras de vaciado e compactado de trasdós, reparando tubería de abastecemento e colocación de tuveria nova. Colocación de recollida de pluviais e colocación de balaustrada na zona do muro. Canalización de pluviais, colocación de tuverias e arquetas, colocar sumideiros e conectar a servizos existentes. Pavimentar as zonas afectadas polas obras e limpeza e reparación do arcen e pintado de beirarúa para uso de peons.