Sendeiro Almuiña - San Xoan

Arbo estrea sendeiro paisaxístico e etnográfico no río Deva
Unha pasarela de madeira e escaleiras, un panel interpretativo con toda a información sobre o carreiro... son algunhas das novidades que ofrece o concello para gozar dunha boas vistas do Río Deva e a súa desembocadura no Miño.

Os traballos realizadas  e financiados pola Consellería de Medio Ambiente., que contaron cun orzamento que roldou os 24.000 euros, tiveron como obxectivo mellorar o carácter de utilidade pública deste carreiro co fin de garantir unha interacción equilibrada entre o seu uso e a conservación dos seus valores naturais, en particular, aqueles relacionados cos hábitats e coas especies de intereses comunitario prioritario, como a Alnus glutinosa ou a Fraxinus excelsior.

O carreiro percorre a zona de servidume da marxe dereita do río Deva, desde a praia
fluival de San Xoán ata o viaduto do ferrocarril situado no barrio da Almuiña. Este paseo únese no lugar da Almuña co “sendeiro Rio Miño-Rio Deva”, que parte desde o lugar da Estación, onde hai un mirador situado no alto dende o que podemos descubrir unhas boas vistas da paisaxe galega: a desenbocadura do Deva no Miño, as pesqueiras, a Ponte Internacional, a praia fluvial da Estación e o noso país veciño Portugal. Ten unha lonxitude de 550 metros, unha dificultade fácil e un interese etnográfico, paisaxístico, botánico e faunístico.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011