Subvención para acondicionamento sendeiro dos pescadores
CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE TURISMO DE GALICIA PARA A RECUPERACIÓN DA SENDA DE PESCADORES
Por resolución da Directora Xeral de Turismo, dona Nava Castro, aprobouse unha achega ao concello de Arbo por importe de 27930,88 €.- para a recuperación da Senda dos Pescadores.
Esta achega regulada na orde de 4 de xaneiro de 2018, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora en infraestruturas turísticas.
As actuacións consisten en intalacions de paneis, infraestruturas de madeira nos tramos que sexa preciso, sinalización do camiño mediante balizas e postes direccionais de madeira e marcas de pintura e traballos de adecuación do sendeiro como son a roza e creación de nova caixa no camiño.
No Concello de Arbo, atópanse varios elementos patrimoniais de interese por toda a xeografía de Arbo, e na actualidade temos unha boa oferta turística de cara ao turismo estival xa que contamos con varias praias fluviais no Miño e no Deva. Asi mesmo tamen contamos con varios paneis interpretativos de actuacions pasads acerda da pesca tradicional da lamprea e outras actividades ligadas aos estilos de vida tipicos do lugar, a habilitación deste sendeiro de ribeira e a súa conexión contribuirá a desestacionalizacion da oferta e reforzara os recursos interpretativos cos que xa conta o Concello.