Remate da Mellora da Estrada Rocha - Cabeiras

 O Concello de Arbo,  remata as obras de mellora da estrada municipal Rocha- Cabeiras

o obxeto da obra foi a reparación dun tramo de estrada Rocha – Cabeiras, que sufriu danos como consecuencia dos temporais do pasado inverno. O orzamento da obra ascendeu a 31.508,15 €.-

Antes do comezo da actuacións a estrada atopábase en moi mal estado, debido a que se produciran dous desprendementos en varias zonas, coa caída dun talud de contención da estrada e na zona dunha obra de drenaxe transversal da mesma, polo que os traballos realizados consistiron na execución dunha nova obra de drenaxe consistente nun muro de contención de formigón para garantir o correcto drenaxe do muro.

Tamén se realizaron cunetas de seguridade en varios tramos. Por ultimo reparouse  o firme modificando lixeiramente o eixe da estrada, realizándose unha ampliación da plataforma na zona da obra de drenaxe transversal e colocándose unha barreira flexible de seguridade.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011