Remate obras da Piscina

Arbo finaliza as obras de acondicionamento das súas piscinas municipal

O  Concello de Arbo finalizou as obras de melloras e adecuación das piscinas municipais e o seu recinto. Unhas actuacións adxudicadas por 79.482 euros e que incluen unha pequena praza con pavimento de formigón e zona axardinada. Esta executouse cunha pendente mínima cara ao viario e está delimitada con bolardos para evitar que sexa invadida polos automóbiles.

Así mesmo, construiuse unha caseta de dimensións mínimas, cuxa  envolvente achega transparencia e lixeireza á construción. Tamén conta cun peche para delimitar as súas distintas zonas, o que permitirá un funcionamento conxunto ou independente das dúas piscinas.

As obras no recinto tamén inclúe un peche que dá acceso ao recinto e a delimitación entre zona de piscina e zona deportiva de xogos. Un peche  modulado cunha disposición irregular dos seus elementos, con portas  correderas de amplas dimensións igualmente para que se poidan comunicar as distintas zonas.

Tamén se aplicou un lavado a alto presión, cepillado e lixado e unha posterior capa de pintura lisa de cor negra á pérgola encostada ao edificio de servizo, que se atopaba en mal estado. As luminarias convencionais substituíronse por outras de tecnoloxía led.

Reparouse tamén a cuberta e as xanelas e pintouse toda a fachada. Tamén se reparou a pista polideportiva. Doutra banda, completouse o peche vexetal con sebes que achegan variedade cromática e sobre a cuberta da sala de caldeiras colocáronse xardineiras de aceiro cortén.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011