Nova Achega ao CEIP Antonio Carpintero
NOVAS MELLORAS NO 2018 PARA O CEIP ANTONIO CARPINTERO
.jpg)
O CEIP Antonio Carpintero obtivo dous importantes subvencións NO ANO 2018 a través da Consellería de Educación para a mellora na fontanería do centro e para reparacións na fachada do colexio.
Concretamente, estes últimos traballos basáronse en dúas axudas deste organismo autonómico. Unha primeira subvención de 6000€ para a reforma de tuberías do centro, xa que presentaban grandes deficiencias que cómpre solucionar. Deste xeito, procedeuse a executar a mellora e modificación da fontanería do Centro Educativo. E unha segunda subvención dotada en 10000€ para realizar unha serie de reparaciones na fachada do edificio do centro de ensinos. Melloras no estado actual da fachada do edificio que son necesarias para a seguridade, estética e visibilidade do mesmo.
Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas nos últimos tempos outras melloras no centro como son a reposición da carpintería, a reparación da cuberta, a reposición de cristais, a substitución de ventás e a reforma da calefacción, ou a mellora de toda a instalación eléctrica.
O CEIP Antonio Carpintero de Arbo tamén recibe anualmente una achega do Concello de Arbo, por importe de 1800 euros para a realización de actividades cos nenos, outra achega de 1600 €.- para a realización das actividades organizadas pola ANPA A Lumbre, así como os traballos de mantemento que anualmente recibe o recinto do colexio por persoal municipal. O Concello de Arbo, asi como outras obras que se realizan a cargo do Concello de Arbo, a última a reparación e colocación de canalons para recollida de auga.
Nos últimos anos levase investido case 128.000 euros por parte da administración autonómica nas melloras do CEIP Antonio Carpintero.
Compartir en Facebook
Publicar en twitter
Compartir en Google+