Melloras en Estrada de O Couto

No lugar de o Couto, na estrada municipal que pasa polo centro do barrio, non existían cunetas para recollida de augas pluvais, o que supuña un problema tanto para os veciños, vehiculos que circulaban como para as vivendas sitas o lado das vivendas.

Por mor do temporal de chuvia e das fortes rachas de vento rexistradas en Arbo durante  no lugar de o  Couto e o non existir recollida de augas pluviais,  a auga filtrabase nas vivendas e nos muros sitos o lado da estrada, o que estaba facendo que os citados muros de contención corresen perigo.

As obras que se realizaron consistiron na excavación por medios mecanicos e manuais no lateral da estrada con tubaxe pasante do camiño e formigonado de cuneta de 72 metros lineais e a excavación para conexión de alcantarillado en vivendas e 2 arquetas de rexistro para a conexión.

Mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuir a despoboación e formentar a actividade económica.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011