Avaance obras en Eidos de Arriba

ACONDICIONAMENTO DO VIAL EN EIDOS DE ARRIBA – SELA

As obras están enmarcadas dentro do Plan de Infraestructuras Rurais 2018, “Ampliación e acondicionamento do vial sito en Eidos de Arriba da parroquia de Sela en Arbo”

O Director Xeral de Desenvolvemento Rural don Miguel Ángel Pérez Dubois e o alcalde do Concello de Arbo don Horacio Gil asinaban un convenio en Santiago para execución de esta obra de infraestrutura rural.

As obras se plantexan pola necesidade de facilitar o acceso normal de veciños e vehículos de servizo como ambulancia, bombeiros, etc, o barrio de Eidos de Arriba. Un lugar de difícil acceso ata o momento, debido a configuración vial do núcleo actual, adaptándose o trazado existente o camiño público no que se están realizando as obras.

As obras consisten no desbroce, retirada de terra vexetal, desmonte e terraplenado, construción dun trazado de un carril por sentido de circulación, coa canalización de auga de rego e novos muros para contención de terra nas fincas afectadas pola ampliación.

Estas obras relaciónanse coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nas zonas rurais. As obras realizadas dentro deste plan nos últimos anos foron as melloras no acceso dos Eidos de Arriba en Sela, As Searas en Arbo, Espedregada e Fontán en Cabeiras, entre outras. 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011