Obras Acondicionamento Vial Rial do PAzo - As Laxas (anualidade 2019)

COMENZA A SEGUNDA FASE (ANUALIDADE 2019)  DA AMPLIACIÓN DO VIAL DENDE RIAL DO PAZO ATA AS LAXAS

A finais do ano 2018 adxudicáronse as obras de ampliación do vial que transcorre dende o Rial do Pazo ata As Laxas, quedando rematada a obra no 50% do proxecto que correspondía a anualidade 2018.

Os traballos consisten na ampliación, mellora do trazado e drenaxe da vía, a realización de cunetas formigonadas e unha capa de firme e pintado do eixe da estrada. A obra está  financiada  pola Axencia  Galega de Desenvolvemento Rural pertencente a Consellería de Medio Rural. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, visitou a zona e comprobou xunto co técnico que as obras estanse axustando o proxecto.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011