Obras en Vial Municipal en Arbo
O CONCELLO DE ARBO, REALIZA A CONSTRUCCIÓN DE MURO DE CONTENCIÓN NO VIAL MUNICIPAL QUE VAI UNE A PO-400 COA RÚA ANTONIA TOVAR
Este camiño municipal leva xa un gran numero de anos en funcionamento e precisa dunhas obras de mellora que neste momento convértense en imprescindibles. O citado paso do tempo, o paso dos vehículos e peóns, e as inclemencias meteorolóxicas (chuvia e forte vento fundamentalmente) están a debilitar o trazado da vía.
Ademais, é na beira da estrada onde reside o perigo para os usuarios, xa que a zoa sufriu desprendementos de terra que levou a rodeala con vallas. Foi de vital importancia construír un muro de sostención, traballo realizados por persoal municipal e supervisados polo técnico do Concello, xa que a terra pode desprenderse por mais áreas e provocar danos moito maiores, afectando incluso a seguridade dos viandantes e inclusive dos vehículos. Estas actuacións contribuirán adicionalmente a mellora visual do contorno da zoa, e tamén para mellorar a accesibilidade e os accesos de Arbo.
O muro para sostén de terra ten unha lonxitude de 8 metros de longo e unha altura de un metro e será coroado con formigón compactado para máis seguridade e colocación de bordillos para seguridade dos peons.