Remate da Obra da Rotonda da Vila
REMATADAS AS OBRAS DA ROTONDA DA VILA - ARBO
As Obras foron subvencionadas e -Contratadas pola Conselleria de Infraestruturas e Mobilidade
As obras realizadas son para mellorar a seguridade viaria transformáronse as dúas interseccións nunha glorieta no acceso a Couto, que se complementou cunha semiglorieta no acceso a Vila. Con esta solución acougouse o tráfico neste tramo da estrada, ademais de garantir todos os xiros en condicións axeitadas de visibilidade e seguridade.
No marco deste proxecto tamén se acondicionaron dúas paradas de autobús cun pequeno tramo de beirarrúa, a sinalización dun paso de peóns e a instalación de alumeado. Ademais complementouse a actuación con afirmado, drenaxe e sinalización.