Prestamo para adquisicion de Inmoble

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UN PRESTAMO SEN XUROS POR IMPORTE DE 211.750,00 €.- PARA COMPRA DE INMOBLE CON DESTINO A CENTRO SOCIAL PARA A TERCEIRA IDADE E PUNTO DE ATENCIÓN INFANTIL (P.A.I)

 


 

O Concello de Arbo, recibe un préstamo sen xuros da Deputación Provincial de Pontevedra por importe de  211.750,00 €.- para adquisición de inmoble no lugar de  A Chan – Arbo, co fin de situar na mesma o futuro Centro Social para a Terceira Idade e Punto de Atención Infantil (P.A.I), complementando as actuais instalacións e servizos que posúe este Municipio e destinados a este colectivo cada vez máis numeroso en concellos do rural, como Arbo.

Coa adquisición desta inmoble,  poderá dotarse ao Municipio dun equipamento social, do que actualmente carece, xa que na actualidade en Arbo só existe para esta poboación o servizo de SAF básico e do SAF para as persoas dependentes, non existindo outros recursos como centros de día ou residencias, aínda que se atopan en proxecto varias iniciativas neste eido.

Por este motivo, e ante esta situación, este Centro Social para a Terceira Idade  é imprescindible por ter como misión principal a acollida, entretemento e  coidado deste colectivo. As súas instalacións responderán ás necesidades dos maiores neste eido, ao tempo que disporá dos espazos creativos e de esparcimento necesarios.

Por outro lado, o servizo do P.A.I. de Arbo  mantense aberto dende febreiro de 2005, durante todo o ano agás o mes de agosto. Na actualidade ten unha capacidade máxima nas instalacións existentes de 20 prazas. Os usuarios deste servizo, tal e como se establece na actual normativa, son menores comprendidos entre os 3 meses e os 3 anos de idade. Dende o 2010 comezouse a aplicar Regulamento no referente á reserva de prazas, abrindo este período de reserva no mes de marzo, de cara o seguinte curso.

O Punto de Atención á primeira infancia  é de vital importancia para unha localidade como Arbo e cumpre as seguintes funcións:  función social, xa que favorece a conciliación entre a vida familiar e laboral. Función asistencial, cubrindo as necesidades físicas dos nenos e nenas a través da adquisición e do desenvolvemento dos seus primeiros hábitos. Tamén se atenden as necesidades puntuais e aqueles casos nos que concorran situacións ou circunstancias que lles impidan ás familias o seu coidado.  E  función educativa, ofrecendo aos nenos e ás nenas un entorno de aprendizaxe,


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011