Adxudicación Contrato Melloras no Arabo
O Concello de Arbo Adxudica o Contrato do “Deseño, promoción e execución da actualización e mellora da exposición permanente do Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño do Condado “Arabo”
O Concello conta coa concesión de subvención por importe de 59.518,27 €.- ao abeiro do reparto de axudas para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida LEADER de Galicia e para a concesión de axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea Arabo, e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia de Arbo.
Con estas actuacions pretendese mellorar o deseño, promoción e execución da actualización e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ de titularidade municipal:
As actuación proxectadas son :
- Dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo, proxectores.
- Elaboración de contidos: redacción de textos, traducións galego/castelá, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos.
- Proposta e execución de material expositivo, paneis e/ou vitrinas expositoras.
- Elaboración dun folleto promocional que describa a proposta museística
- Execución e instalación
- Creación dun espazo para albergar unha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea.
O importe do contrato ascendería á cantidade de 65.945,00 € (IVE 21% incluído que ascende a 11.445,00 €)
No proxecto establécese que a execución da totalidade das accións recollidas no documento técnico deberá realizarse antes do 1 de outubro de 2019, ao atoparse fixada na normativa reguladora da subvención concedida como data para a execución e xustificación das actuacións o 15 de outubro de 2019.