Melloras no Polideportivo Municipal
CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO POLO SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO PARA A MELLORA DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Á vista do convenio asinado en maio de 2019 polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o alcalde do Concello de Arbo, para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal.
Tendo en conta que consta no expediente memoria redactada polo Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes, en data febreiro de 2019, que serviu de base para a petición da achega, e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 14.978,00 € (IVE do 21% incluído que ascende a 2.599,51 €.)
Posto que esta actuación conta con financiamento ao 100% do Ente autonómico en virtude do convenio asinado en maio de 2019 polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o alcalde do Concello de Arbo, para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal.
Considerando que esta actuación, tal e como se recolle na memoria técnica, ten como finalidade as obras de mantemento no pavillón polideportivo municipal de Arbo, dado que presenta estragos e humidades.
O obxectivo e conseguir un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, neste caso deportivas, de forma que o Concello poida prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia da súa idade, sexo.., apoiando aquelas actuacións cuxa finalidade é o deporte.
No pavillón Polideportivo de Arbo, realízanse distintas actividades organizadas por diversas asociacións do Concello de Arbo, entre elas, clases de Zumba, Pilates, bailes moderno, fútbol-sala.....
As obras son necesarias para que as actividades, así como os eventos que organiza o Concello de Arbo durante todo ano non supoñan un risco para os usuarios.
A zona de intervención céntrase na cuberta dos vestiarios, e nos acabados interiores, deteriorados pola presenza de filtracións de auga da choiva.
As obras a realizar consisten en:
- Substitución de panel sándwich de cuberta, sobre os vestiarios
- Reparación de canaletas da anterior cuberta
- Pintado de vestiarios, con reparacións puntuais (emplastecidos, etc..)
- Substitución de porterías de fútbol