Aluguer de Parcela para aparcamento

O CONCELLO DE ARBO ALUGA UNHA PARCELA   NO ENTORNO DO CENTRO DE SAUDE PARA APARCADOIRO MUNICIPAL

O inmoble atópanse situado no entorno do Centro de Saúde, Área Recreativa e Parque infantil de Turbela, do Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e do inmoble adquirido polo Concello para o punto de atención infantil e o centro de maiores, próximo ao centro urbano de Arbo, nunha zona con boas infraestruturas e accesibilidade. A proximidade destas parcelas ao casco urbano onde se sitúan os supermercados, comercios, praza de abastos, biblioteca, multiusos, constitúe unha zona moi concorrida e con escasos aparcadoiros, circunstancias que converten estas parcelas en ubicación idónea para convertelas en aparcadoiro, non solo pola súa proximidade, senón tamén pola súa superficie, accesos e a forma, que permitirían un maior aproveitamento, non existindo parcelas no entorno coas mesmas características.

 

O alcalde do Concello de Arbo, xustifica a necesidade e a idoneidade da parcela,  posto que o Centro de Saúde atópase situado fronte a vial provincial sen zonas habilitadas para aparcar, non existindo zona de estacionamento a menos de 700 metros. O alcalde manifesta que con estes aparcadoiros, localizados a escasos metros do Centro de Saúde  atenderíase a necesidade dos doentes que visitan diariamente o centro de ter unha zona para aparcar, o que permitiría que as persoas maiores e os cativos, en moitos caso enfermos e  impedidos non tivesen que desprazarse como o fan habitualmente andado e desta forma e dotando o centro de saúde de estacionamento gratuíto incluiríanse todos os servizos necesarios para o seu mellor benestar e saúde, mellorando o servizo público prestado e a súa calidade de vida aos usuarios.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011