Melloras en Pedreira e a Granxa
O CONCELLO DE ARBO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA VICREPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS E XUSTIZA PARA A “MELLORA DE INFRAESTRUCTURAS DE SANEAMENTO NO CAMIÑO DE A GRANXA-CABEZUDOS E DRENAXE NO CAMIÑO PEDREIRA-CABEIRAS”
Defínese tecnicamente e presupostase a solución para a execución da conexión de saneamento na Granxa-Cabezudas á rede xeral do concello, así como a recollida das augas pluviais eo ensanche do camiño de Pedreira- Cabeiras existente e a súa pavimentación, o cal permitirá mellorar dita vía e permitir unha mellor comunicación no lugar.
Este convenio de colaboración responde ao interese público e social que representa a acción de fomento da Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza dunhas actuacións imprescindibles para o normal funcionamento da entidade local, que lle permiten exercer as competencias e prestar os servizos que a normativa básica en materia de réxime local atribúelles aos concellos, como Administracion máis próxima aos administrados.
A obra fundamentase na necesidade de responder de contado ante a grave situación na que se atopan a infraestructura. A necesidade e urxente de acometer as obras de saneamento no lugar de A Granxa vén derivada da existencia de verquidos incontrolados así como de fugas de augas residuais no treito de colector existente, que producen contaminación de parcelas agricolas (fundamentalmente viñedos) e filtracións nas vivendas.O lugar de A Pedreira sitúase a carón dunha zona de monte que teimadamente vén sendo pasto de frecuentes incendios. Asemade, este problema ten derivado en outros non menos importantes; o tránsito continuo de maquinaria pesada e de camións que transitan polo lugar para acceder o monte fixo que é en época de chuvias se forme enxurrada que chega ata as vivendas do lugar. Esta problemática sobrevida e de inaprazable solución e precisa unha rápida e urxente intervención para evitar maiores complicacións de indolé sanitaria e económica para os habitantes de ambos os lugares.