Remate melloras no Museo Arabo

Actualización de contidos e mellora de equipamento multimedia do  Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño do Condado “Arabo”

  • “Deseño, promoción e execución da actualización  e mellora da exposición permanente do Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño “Arabo”.
  • O Concello obtivo unha  subvención  por importe de 59.518,27 €.-  do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
  • O importe das melloras ascendeu a 65.945,00 €

O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea Arabo, e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia de Arbo.

Con estas actuacións mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización  e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ coa dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos videos, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos e redacción de novos textos.

Coas melloras introducidas no Museo Arbo,  creouse un espazo para albergar unha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea.  A primeira Festa da Lamprea ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello a cargo da Comisión "Pro Homenaxe á Lamprea", que tributaba a través desta xornada festiva o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Miño proporcionaba.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil,  manifesta que con esta actuación de mellora o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea adecuarase aos estándares e requisitos turísticos que un centro destas características debe albergar. A modernización e a implantación de novos sistemas tecnolóxicos de visionado e interacción co visitante a través de videos, pantallas táctiles e proxectores, a elaboración de novos contidos, novos materiais, novas fotografías ou a publicación de novos folletos informativos permitirán unha visita moito mais dinámica e ilustrativa para os nosos visitantes. Poderán disfrutar duns contidos adaptados ás necesidades e requerimentos actuais dun museo con amplios contidos e informacións que transmitir sobre Arbo e os seus bens mais preciados.  

Videos que se poden ver no Museo Arabo: https://www.youtube.com/watch?v=vmsf82-5XAo

https://www.youtube.com/watch?v=7II6MJVhujE

https://www.youtube.com/watch?v=AZPER3AGZUg

https://www.youtube.com/watch?v=wzPOnbYl734&t=2s

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011