Humanización San Benito
O CONCELLO DE ARBO INVERTIRA 235.961,64 Euros NA “HUMANIZACIÓN RÚA SAN BENITO”
- O Concello asinara no mes de xaneiro un convenio coa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para financiar as obras.
- As obras están enmarcadas dentro do Plan Hurbe da Xunta, que naceu como resposta á necesidade da humanización das aldeas de Galicia, que busca o achegamento de marcos urbanos aos seus habitantes adaptando e creando espazos públicos para as necesidades actuais.
- Estas obras veñen para culminar a humanización deste vial de acceso ao núcleo urbano de Arbo, tras as obras executadas coa humanización da Rúa Antonia Tovar.
O obxecto do presente consiste na humanización da rúa San Benito, onde se realizasen beirarrúas, renovaranse as redes de servizos. Dispoñeranse canalizacións de PVC para a reposición das redes de saneamento de augas pluviais e fecais, mellorase a rede de abastecemento. Tamén se executarán canalizacións enterradas para a rede de telecomunicacións e de enerxía eléctrica. Dispoñerase de iluminación con luminarias Led. Por último, executarase a sinalización horizontal e vertical precisa.