Comezo das obras en Merelle-Cabeiras
COMENZAN AS OBRAS NO BARRIO DE MERELLE EN ARBO
- A Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo asinaban un convenio en outubro de 2019 para a pavimentación dos camiños de acceso a Merelle
- As obras son subvencionadas o 100% pola Consellería, que tamén se encargou da contratación da mesma
Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil, actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación do camiño de acceso ao lugar de Merelle - Cabeiras”
Estas melloras teñen como obxetivo mellorar a movilidade, accesibilidade e seguridade da vía pública no barrio de Merelle na parroquia de Cabeiras, ampliando e pavimentando o vial xa existente.