Obras de Urxencia na EDAR de Sande
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE AUGAS DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO PARA ACOMETER OBRAS DE URXENCIA NA EDAR DE SANDE – MOURENTAN
- Ethel María Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, en nome e representación de Augas de Galicia e Horacio Gil Expósito, alcalde do Concello de Arbo asinan un convenio para o apoio técnico e financeiro na execución das actuacións necesarias para reparar a estación depuradora de augas residuais de sande e dos seus colectores.
- O custo total das actuacións ascenden a 28.023,60 €.-, dos cales 25.000,00 € serán financiados por Augas de Galicia da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e 3.028,60€..- serán financiados con fondos propios do Concello de Arbo.
Como consecuencia das condicións climatolóxicas, a EDAR de Sande e os colectores da zona Granxa e a Capela da EDAR de Sande, sufriron danos que poden provocar graves problemas na EDAR. Por tal motivo o alcalde do Concello de Arbo, nunha reunión urxente, solicitaba á Xunta de Galicia o apoio e colaboración na reparación e optimización do funcionamento efectivo no prazo máis breve posible da EDAR de Sande e os seus colectores.