Comezo das obras na Vivenda de Cequeliños
ARBO DISPORA DA SUA PRIMEIRA VIVIENDA SOCIAL
·A vivenda esta ubicada na antiga Escola de Mestres de Cequeliños
·Para financiar as obras dende o Concello de Arbo optaban a unha línea de Subvencións da Xunta de Galicia orientada a restauración de este tipo de inmobles.
A finais do ano 2019 o Concello de Arbo recibía unha achega por importe de 8.269,00€ do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha da súa primeira vivenda social.
Esta semana arrancaban as obras de rehabilitación da casa de Mestres de Cequeliños. A adxudicación do contrato realizábase a pasada semana, sendo unha empresa local de Arbo, a encargada de realizar os traballos para a posta en marcha da vivenda social.