Reparación Muiño de San Xoan

AS OBRAS DE REPARACIÓN  DO MUÍÑO DE SAN XOÁN COMENZARAN NOS VINDEIROS DÍAS

  • O Muiño de San Xoan presentou diverso danos producidos por actos vandalicos
  • As obras ascenden a 15.651,25 euros e será unha empresa de Arbo a encargada de realizar a reparación.  
  • O Muiño, esta situado o carón da Ponte Románica de San Xoan  un dos lugares máis emblemáticos de Arbo  e que foi , restaurada polo Concello de Arbo no ano 2017.

Os danos que presenta o inmoble foron causados por actos vandálicos, dos que se descoñece o autor ou autores.  O Estado do Muiño de San Xoan e lamentable, os intrusos prederon lume no interior o que produxo que as  madeiras se queimaran,  romperon cristais e xanelas, chans e teitos de madeira coa capa de verniz queimada e afumadas, porta de entrada destrozas,  etc...

O deterioro que esta sufrindo pode afectar a estrutura do inmoble,  o que suporía unha perda  moi importante para o patrimonio  etnolóxico arbense, xa que dito  muiño  data do século XV e, a súa vez,  tamén fixo de serradoiro.

Esta actuación conta con financiamento ao 100% con cargo aos fondos propios do Concello, tras ingreso da compañía aseguradora realizado o día 1 de abril de 2020, que deu lugar ao correspondente expediente de contratación, que se viu parado polo Estado de Alarma.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011