Convenio entre a Secretaria Xerall para o Deporte e o Concello de Arbo

A SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO  ASINAN UN CONVENIO PARA MELLORAS DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

 

  • Concello de Arbo e a Secretaria Xeral para o Deporte asinaban o pasado 15 de xuño un convenio para a execución de obras no Pavillón polideportivo municipal
  • O importe das obras ascenden a  46.933,12 €
  • As obras serán contratadas a unha empresa local

 

Coas obras propostas para a mellora do pavillón,  búscase frear as filtracións de auga no interior do edificio e reparar os danos existentes ata o  momento, impedindo que se sega deteriorando a instalación, o que suporía un risco para os usuarios do pavillón e un gasto superior se non se frea  a entrada de auga para o vindeiro inverno.

 

Á vista da memoria técnica redactada polo Arquitecto Municipal, actualmente en varias zonas da cuberta do pavillón aprécianse os efectos das filtracións de auga a través da cuberta, que se suman aos derivados polo uso das instalación e o envellecemento dos materiais.  Os danos existentes consisten principalmente en charcos de auga en pavimento, deteriorando o mesmo e producindo manchas de humidade en teitos e paredes de vestiarios.

 

A intervención pódese resumir nos seguintes apartados:

• Cambio de  cumieira

• Cambio de paneis de  policarbonato.

• Cambio de canalóns e cuberta de vestiarios.

• Saneado dos revestimentos danados polas humidades e aplicación de novo revestimento.

• Pintado de todas as paredes e teitos afectados.

• Limpeza e selaxe perimetral das carpinterías exteriores.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011