Melloras no Parque Empresarial
ARBO REALIZA MELLORAS NO PARQUE EMPRESARIAL
- O Concello de Arbo recibe unha subvención da Conselleria de Economía, Emprego e Industria para melloras no Parque Empresarial de Arbo en Barcela
- O importe das obras de mellora ascenden a 27.687,20€.-
Co fin de colaborar no desenrrolo económico e social de Arbo e facilitar unha ubicación ordenada das actividades económicas, proxectase a creación dun Parque Empresarial no municipio. Para o desarrolo desta iniciativa, o I.G.V.S e o Concello de Arbo asinaban un convenio de colaboración no ano 1999.
Na primeira fase é preciso realizar unha serie de melloras das infraestruturas existentes, para evitar a súa absolencia, co obxetivo de conseguir a mellora competitiva do solo empresarial, como elemento dinamizador da economía e do emprego local.
Actualmente as beirarúas atópanse en mal estado, polo que é preciso a súa reparación. Realizarase o saneo nas zonas máis deterioradas, a demolición dos tramos en asfalto, e extendido dunha solera de formigon nas zonas nas que se carece da mesma e o extendido dunha capa de slurry coloreado.
O orzamento das obras ascenden a 27.687,20€.-.Para acometer estas obras o Concello de Arbo, recibe unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Enerxía e Minas con data 2 de xullo de 2020 ao abeiro da orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques Empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.